Home Pontevedra Caldas A sanidade pública nos concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas, baixo...

A sanidade pública nos concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas, baixo mínimos

- Anuncio -

Manuel Fariña “Non podemos permitir que o PP estrague unha sanidade pública que tanto tempo e loita levou conquistar. As veciñas e veciños de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas non nos merecemos o desprezo do SERGAS e non imos quedar calados”

Os centros de saúde dos concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas están baixo mínimos, e o deterioro na atención sanitaria resulta máis que evidente. O feito de non cubrir baixas e vacacións, e que o persoal médico teña que desprazarse fóra do centro de saúde para atender a pacientes que o necesitan, levan a que día si, día tamén, os centros de saúde queden sen médico durante horas, coas conseguintes colas de veciños e veciñas que precisan ser atendidos ás portas dos centros de saúde.

Se a situación para a poboación xeral é moi grave, para os nenos e nenas é pior. Sen pediatra en ningún dos catro concellos, fan que as nais e pais se vexan na obriga de levar ás súas crianzas a unhas urxencias xa de por si saturadas, o que fai que moitas veces teñan que desviarse ás urxencias hospitalarias de Montecelo que, como é coñecido están ao borde do colapso.
“Desde o BNG -afirmou Fariña- non imos consentir este atropelo ao noso dereito á saúde, e instamos á Xunta do PP a que deixe de botar balóns fóra e actue dunha vez por todas. Este non é un problema que xurda da nada, ten a súa orixe en 13 anos de políticas de recortes do PP, e compre actuar con dilixencia para mudar esa política suicida que deteriora gravemente a nosa sanidade pública, e polo tanto o dereito á saúde dos veciños e veciñas de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas