Home Pontevedra A Lama A Plataforma "ENCORO NON" coloca unha serie de paneis informativos en...

A Plataforma “ENCORO NON” coloca unha serie de paneis informativos en lugares estratéxicos para visibilizar que se quere anegar un paraíso e non un páramo

- Anuncio -

Voluntarios proceden estes días a ubicalos nas praias fluviais de Gaxate, A Lama, Vilán, Ponte Caldelas, nos ríos Verdugo e Oitavén (Fraga e Forzáns)e a ponte colgante de Soutomaior, entre outros.

Membros da Plataforma en Defensa dos Ríos Verdugo e Oitavén-ENCORO NON proceden nestes días á colocación dunha serie de paneis informativos en lugares estratéxicos dos catro concellos afectados polos estudio encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil que prevé a construción de dous encoros (Forzáns e A Fraga) e o transvasamento de auga procedente dos ríos Verdugo e Oitavén.

Estes paneis divulgativos pretenden amosar aos numerosos visitantes e á propia veciñanza o impacto negativo que tería na biodiversidade e no patrimonio natural da zona a construción deses encoros e o transvasamento xa que se realizaría sobre un espazo natural único, un auténtico paraíso, en lugar dun páramo ermo como se pretende dar a entender á cidadanía e á opinión pública.

As brigadas de voluntarios desprázanse estes días ata lugares que están suscitando importantes concentracións humanas atraídas polos atractivos naturais e turísticos desta comarca. Así, colocaránse paneis divulgativos da riqueza da flora e da fauna existente nas ribeiras dos ríos Verdugo e Oitavén e que se verían seriamente ameazadas se prosperara algunha das propostas recollidas no estudio da Confederación.

COLOCACIÓN EN GAXATE, A LAMA, VILÁN, CALDELAS E SOUTOMAIOR

Así, estanse a colocar paneis nas praias fluviais de Gaxate, A Lama, Vilán e Ponte Caldelas (Bandeira Azul), nos espazos naturais xunto aos ríos en Portasouto (Laxoso), Forzáns e a Ponte Colgante (Soutomaior), así como en núcleos de poboación onde se concentra un importante movemento de persoas tanto da veciñanza como visitantes.

Os paneis divulgativos están feitos en material biodegradable, especialmente tratado para non perxudicar ao medioambiente e integrarse perfectamente no medio no que se insiren. Recollen a través de láminas moi gráficas e explicativas as consencuencias negativas das distintas alternativas baralladas polo estudio da Confederación e se aposta polo uso responsable e sostible da auga. Ademais, recóllense imaxes e pequenos textos explicativos das especies endémicas e en vías de extinción que viven na zona afectada e que desaparecerían definitivamente no caso de que prosperaran e se puxeran en marcha as distintas propostas deste estudio da Confederación.

A Plataforma ENCORO NON continuará combinando accións de concienciación cidadá coa elaboración de documentacións, estudios e argumentarios que contribúian a convencer ás distintas administracións implicadas neste tema para que tomen conciencia de que hai outro tipo de alternativas menos dañinas e agresivas contra o medioambiente e que incluso serían moito menos custosas que aplicar calquera das propostas presentadas polo estudio da Confederación e que simplemente implicaría un uso razonable da auga, sostible, a correción das fugas que presenta a rede de abastecemento e o sistema de depuración.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas