Home Pontevedra Caldas COGAMI busca alumnado para curso de expendedor de combustible que iniciará en...

COGAMI busca alumnado para curso de expendedor de combustible que iniciará en Cuntis no mes de setembro

- Anuncio -

Como requisitos para formar parte deste curso son imprescindibles ter en posesión o certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral para profesión habitual.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolverá durante o mes de setembro no concello pontevedrés de Cuntis un curso de Expendedor de Combustible e Manipulación de Alimentos dirixido a persoas que teñen recoñecida a discapacidade ou a incapacidade laboral para a profesión habitual.

Esta formación constará dunha parte teórica, que se desenvolverá dende o día 23 ata o 30 de setembro en horario de 9 a 14 horas, e unha parte práctica impartida con data do 3 ata o 28 de outubro en estacións de servizo situadas preto das zonas próximas ao lugar de residencia do alumnado.

En total, esta formación comprenderá 100 horas lectivas, 30 teóricas e 70 prácticas, nas que se impartirán contidos distribuídos en 5 unidades didácticas e relacionados con temas como: a atención ao público e servizos ofertados pola estación de servizos; o funcionamento da estación de servizos, surtidores e limpeza; informática e medios de pagamento nas estacións de servizo; prevención de riscos en estacións de servizo e manipulación de alimentos.

As persoas interesadas nesta formación poden poñerse en contacto co servizo de emprego de COGAMI en Pontevedra, chamando ao teléfono 986 863 709.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas