Home Deputacións Deputación Pontevedra Aberto o prazo de inscrición para a derradeira "Depo_Ruta BTT" polo concello...

Aberto o prazo de inscrición para a derradeira “Depo_Ruta BTT” polo concello de Forcarei

- Anuncio -

As persoas interesadas en realizar esta ruta en bicicleta o 18 de setembro xa poden inscribirse a través dun formulario na web da Deputación

A Deputación de Pontevedra mantén aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas que desexen participar na última “Depo Ruta BTT” prevista para o 18 de setembro no concello de Forcarei. Esta actividade está incluída no programa “Depoactívate” co que a Deputación quere fomentar os hábitos saudables a través da práctica de actividade física e deportiva en contacto coa natureza. A institución provincial ofrece un total de 200 prazas para esta ruta na que as persoas interesadas en participar poden inscribirse cun formulario xa dispoñible na web provincial www.depo.gal.

Esta “Depo Ruta BTT” transcorrerá polo concello de Forcarei, visitando lugares emblemáticos da Serra do Candán como o Alto do Candán, o Alto do Coco ou as Neveiras de Fixó. Tratarase dunha ruta circular que terá como punto de saída e chegada a Casa da Escola de Fixó. A Ruta ten unha percorrido de 30 quilómetros e un desnivel de 950 metros, polo que se considera de dificultade media-alta.

As “Depo Rutas BTT” ofrecen percorridos en bici polos montes da provincia de Pontevedra, que esconden unha riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. Están dirixidas a persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza, descubrindo a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas