Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Oia analiza a calidade da auga das fontes do...

O Concello de Oia analiza a calidade da auga das fontes do municipio

- Anuncio -

Das 30 analizadas, 8 resultaron aptas e o resto non aptas para o consumo

No actual contexto de seca prolongada debido as altas temperaturas e escasas precipitacións que se están a rexistrar este verán, o Concello de Oia encargou unha analítica da calidade das augas dun total de 30 fontes do municipio, das cales 8 resultaron aptas para o consumo por cumprir todos os parámetros analizados coa lexislación.

As probas, realizadas por un laboratorio acreditado a finais do pasado mes de xullo, estarán a disposición da veciñanza na web municipal (www.concellodeoia.es) e deron os seguintes resultados:

  Coliformes totaisFonte da Valla (Pedornes)Fonte do Matovello (Pedornes)Fonte Colón (Viladesuso) Fonte da Presa (Mougás)Fonte Culaco (Mougás)    Fonte G. Civil (Mougás) Fonte Lameiro (As Mariñas) Fonte da Tella (Burgueira)Fonte da Cheira (Torroña)Fonte dos Carballos (Mavia)
  Aluminio*    Fonte do Fial -campo fútbol (Burgueira)*Fonte de Santa Comba-lavadero*   *As fontes de Santa Comba e o Fial superan en moi pouco o límite fixado (200 no caso do aluminio), sendo de 260 en Santa Comba e 210 na do Fial.  
  Por máis dun parámetro: (E.coli, coliformes totais, aluminio)Fonte Chavella (Sta. Mª de Oia)Fonte lavadoiro (Pedornes)Fonte Preáns (Viladesuso)Fonte do Xardín (Viladesuso)Fonte Vilariño-Couta (Burgueira)Fonte Liñares (Burgueira)Fonte A Mouta (Burgueira)Fonte Presa (A Portela)Fonte lavadoiro (A Portela)Fonte cruceiro Acevedo

Nos próximos días, o Concello revisará os carteis de cada unha das fontes e actualizará as sinalizacións coas cualificacións de “auga non potable” ou “auga sen garantía sanitaria” que corresponda en cada caso. As fontes potables levarán o distintivo de “auga sen garantía sanitaria” por non poder garantir permanentemente a súa calidade ao non estar cloradas. A información sobre a calidade da auga das fontes tamén se colocará, nos próximos dias, nos taboleiros informativos das parroquias.

Finalmente, aconséllase extremar as precaucións e ter en conta os consellos de expertos en toxicoloxía, que recomendan non beber auga das fontes xa que a seca tamén repercute na calidade da auga dos mananciais, aumentando o risco de contaminación.

Coliformes e E.Coli

Algúns dos parámetros que se empregan á hora de cualificar se unha fonte é apta ou non son a presenza, por riba dos niveis establecidos, de bacterias como os coliformes totais e a E.Coli.

Os coliformes totais son un grupo de bacterias que se atopan ao noso redor e que, na maioría dos casos, non supoñen un perigo para a saúde humana. Porén, non están presentes nas augas subterráneas e, polo tanto, serven como indicador de que poden estar presentes máis organismos prexudicial. O coliforme fecal e a E.Coli son subgrupos dentro deste grupo dos coliformes totais cuxa orixe está nas feces de animais de sangue quente. A presenza de E.Coli indica que a auga ten estado exposta a feces e existe un inmediato risco para a saúde humana.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas