Home Pontevedra Ponte Caldelas O PPdeG denuncia o estado de abandono do servizo de recollida de...

O PPdeG denuncia o estado de abandono do servizo de recollida de lixo e pregúntalle a Díaz que razóns ocultas hai para que non lle esixa a Urbaser que cumpra co contrato

- Anuncio -

· Os populares denuncian o oscurantismo do alcalde sobre o contrato que mantén con Urbaser que leva anos caducado sin que se dea traslado a unha empresa alternativa e cos contedores do rural completamente destrozados e obsoletos

· Os edís esixen que se cumpra cos días de recollida, se desinfecten os contedores que cheiran tras levar meses e meses sin ser lavados pese a que o contrato obriga á empresa a facelo no verán cada 15 días.

O PPdeG de Ponte Caldelas esixiralle ao alcalde Andrés Díaz no vindeiro Pleno que exerza as súas funcións para o que foi elixido e faga seguemento e supervisión do contrato de recollida do lixo no municipio que se atopa nunha grave situación de abandono con contedores no rural destrozados, remendados, con graves problemas de cheiros e salubridade, etc.

Segundo puderon comprobar os edís do PPdeG, en moitos lugares non se están cumprindo incluso as frecuencias de recolida no rural e o lixo acumúlase nos contedores durante días. Esta situación provoca que durante o tempo de calor a veciñanza estea a soportar os malos cheiros procedentes dos residuos que se acumulan.

“Esta situación de abandono vai a peor desde que o goberno municipal leva anos e anos co contrato con Urbaser caducado e sin esixirlle á empresa en ningún momento que cumpra co articulado do contrato que a obriga, entre outras moitas cousas, a facer unha desinfección completa dos contedores cada 15 días en verán e a substituír aos que estean rotos ou en mal estado. Van pasando os meses e os anos e a situación é cada vez máis insostible pese a que se sacou, por segunda vez, a concurso o contrato e non sabemos o porque de que non se sustitúa dunha vez a esta empresa, a segurou o voceiro do PPdeG, Antón Xil.

Os edís do PPdeG pídenlle ao alcalde Andrés Díaz “que faga o seu traballo e supervise á empresa concesionaria e se lle abra un expediente sancionador “por non cumprir o contrato e desatender as súas obrigas. Hai mecanismos para iso e para reconvir á empresa para que cumpra coas súas obrigas. O alcalde ten que xestionar e defender os intereses xerais da veciñanza e non quedarse de brazos cruzados”, sinalou o voceiro popular.

OSCURANTISMO E PRÓRROGAS POLA PORTA DE ATRÁS A URBASER

Os populares denuncian o continuo oscurantismo que rodea este tema que fai que se vaia prolongando sucesivamente e pola porta de atrás as prórrogas dun contrato que non conta coa supervisión e a esixencia debida por parte do equipo de goberno para garantir o seu seguemento e forzar a que Urbaser cumpra coas obrigas que se determinan no pliego e no contrato asinado.

Para o PPdeG existe por parte do grupo de goberno unha “deixadez sospeitosa e inusual” nun servizo que ás claras non está dando a resposta axeitada ás necesidades do municipio e que é motivo de queixa continua por parte da veciñanza.

Andrés Díaz, unha vez chegado ao goberno, mudou por completo de parecer e substituíu a súa intención de remunicipalizar o servizo, como propoñía irresponsablemente cando estaba na oposición, a renunciar na práctica a facer seguemento exhaustivo algún do traballo que fai a empresa para o cal está facultado polas condicións recollidas no pliego de condicións do contrato, ése que di falsamente que “o ten atado”, pero que nembargantes leva prorrogando inxustificablemente e pola porta de atrás desde o ano 2017.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas