Home A Coruña Abegondo premia a creatividade artística dos seus veciños e veciñas coa entrega...

Abegondo premia a creatividade artística dos seus veciños e veciñas coa entrega de galardóns do Certame Letras Galegas

- Anuncio -

O Concello de Abegondo premia, cada ano, a creatividade artística dos seus veciños e veciñas. Faio a través da organización do Certame Letras Galega, co que busca promover as diferentes manifestacións culturais e fomentar o cultivo destas entre a poboación. A Casa do concello acolleu esta mañá, martes 6 de setembro, o acto de entrega de agasallos e premios, tras o fallo do xurado.

O acto celebrouse no salón de plenos e, no mesmo, estiveron presentes o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e a concelleira de Educación e Cultura, Francisca Bestilleiro. O rexedor aproveitou a súa intervención para felicitar aos premiados e premiadas e para recoñecer a traxectoria do autor homenaxeado nas Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, incidindo “non moito que merecía este recoñecemento”.

A listaxe de premiados é o que, a continuación, indícase:

CATEGORÍA INFANTIL
2.º premio de Debuxo e Pintura: Saúl Vázquez Vázquez
1.º premio de Debuxo e Pintura: Beira Piñeiro Gómez

CATEGORÍA PRIMARIA
2.º premio de Narrativa: Noel Cendán Ulloa
1.º premio de Narrativa: Celia Aradas Cantelar

2.º premio de Poesía: Sara Fuentes Fuentes Crespo

1.º premio de Poesía: Haizea Fernández Vermello


CATEGORÍA SECUNDARIA E MENORES 18
1.º premio de Poesía: Iván Canosa Pedreira

CATEGORÍA ADULTOS
Premio Poesía: Blandino García Roel

MELLORES LECTORES
Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do CEIP San Marcos: Alicia Abellón Domínguez
Premio ao mellor do ano da Biblioteca do IES Viós: Iván Canosa Pedreira
Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca Pública Municipal de Abegondo: Marco Fernández Fernández

PREMIO ESPECIAL AUDIOVISUAL DE PROMOCIÓN DO GALEGO
CEIP Plurilingüe San Marcos

Relacionadas

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Publicacións Relacionadas