Home A Coruña Trenor destaca a mellora da seguridade tras o investimento dun millón de...

Trenor destaca a mellora da seguridade tras o investimento dun millón de euros na estrada AC-423 que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños

- Anuncio -

― A actuación contou cun investimento da Xunta de máis de 1 millón de euros e levouse a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito entre os puntos quilométricos 0 e 5+350

― A intervención incluíu a mellora do firme no tramo, a rectificación de curvas de radio reducido e a execución de tres treitos de sendas peonís

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, e polo xefe territorial de Infraestruturas, José Antonio López, supervisaron o remate das obras da 1ª fase de acondicionamento da estrada AC-423, que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños.

Os traballos supuxeron un investimento de máis de 1 millón de euros. Trenor destacou que este tipo de actuacións incluídas no Plan de Reforzos de firme teñen como principal obxectivo conservar as estradas autonómicas e investir na súa mellora co fin de garantir a seguridade dos cidadáns e mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos. Neste senso, destacou que despois destas actuacións contamos cunha estrada máis segura e máis cómoda para os vehículos que transitan por esta vía que conta cunha gran afluencia de tráfico.
A intervención levouse a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350.
Trátase da 1ª fase de acondicionamento dun treito de 5,3 km da estrada autonómica AC-423, na que se mellorou o firme naqueles treitos que presentaban deterioros, estendendo unha nova capa de rodadura no ámbito da actuación.
Tamén se rectificaron as curvas con radio reducido -aquelas cun radio inferior aos 50 metros- nun treito aproximado de medio quilómetro.
Trenor destacou que a actuación tamén contemplou a execución de tres treitos de sendas en distintos puntos da estrada: un total de 1,4 km de itinerarios peonís que agora conectan cos que xa hai na actualidade, para favorecer os desprazamentos a pé.
Ademais, colocáronse varandas de protección nos lugares onde hai maiores desniveis e renovouse unha marquesiña deteriorada, para garantir o acubillo e protección dos usuarios do bus.
O delegado da Xunta recalcou que como actuacións complementarias, levouse a cabo unha mellora importante na sinalización, nos elementos de balizamento e defensa.

Relacionadas

A Popular Faro Roncudo volve bater o seu récord de inscricións e congregará a...

0
 A proba, xa consolidada no calendario deportivo, supera en 80 participantes o seu mellor rexistro, obtido na edición o ano pasado.  Entre os...

Xornadas con familias: Acompañar no reto de educar

0
Sesión 29 de abril de 2024“ Resolución de conflitos desde a educación emocional”O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais, continúa o programa...

“Abordaxe de conflitos desde a educación emocional” 2024

0
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se...

Máis de 300 familias coruñesas obteñen praza na rede de Escolas Infantís Municipais

0
Das 446 solicitudes recibidas admitíronse un total de 302, abrindo un prazo de dez díaz hábiles para a achega de documentación ou emenda de...

Os trámites urbanísticos xa son telemáticos en Cariño

0
• O Concello publica unha ordenanza que establece o marco para que a poboación poida realizar comunicacións previas de obras menores, primeira ocupación e...

Arsenio Iglesias contará cunha rúa en Riazor, entre a avenida da Habana e a...

0
A alcaldesa anunciou a homenaxe, que terá lugar o vindeiro xoves 2 de maio ás 19.00 horas na futura “Travesía Arsenio Iglesias”, xunto á...

Publicacións Relacionadas