Home A Coruña Máis de 300 familias coruñesas obteñen praza na rede de Escolas Infantís...

Máis de 300 familias coruñesas obteñen praza na rede de Escolas Infantís Municipais

- Anuncio -

Das 446 solicitudes recibidas admitíronse un total de 302, abrindo un prazo de dez díaz hábiles para a achega de documentación ou emenda de solicitudes

O maior número solicitudes recibidas é do grupo de menores nados no 2023, con 232 solicitudes para nenos e nenas de 1-2 anos

O Concello publicou hoxe, 26 de abril, as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para os novos ingresos nas escolas infantís municipais. Foron un total de 446 solicitudes as recibidas, das que 302 foron admitidas.

A rede de Escolas Infantís contaba con 336 prazas vacantes entre os diferentes centros. Con esta nova convocatoria, o Concello da Coruña conta xa con practicamente a totalidade das aulas completas, ficando só 34 prazas dispoñibles que se abrirán en novas convocatorias. O Goberno de Inés Rey mantén un ano máis a gratuidade das Escolas Infantís, unha medida pioneira posta en marcha no 2021 co obxectivo de axudar as familias coruñesas.

Por idades, o grupo de idade con máis solicitudes foi o dos nados en 2023, con 232 solicitudes ás que se suman as 126 de nados e nadas en 2024 e 88 de nados e nadas no ano 2022. Ábrese agora un prazo de 10 días hábiles, do 29 de abril ao 13 de maio, para a posible emenda das solicitudes e a achega de documentación que poida ser requirida.

Proceso de admisión dos novos ingresos

Para a admisión dos novos ingresos nas escolas infantís municipais establecéronse dúas modalidades. A primeira é a considerada de carácter preferente, dispostas para os fillos e fillas do persoal que presta servizos na escola, de conformidade co sinalado no convenio laboral de aplicación, cos límites de prazas nel establecidos; os nenos e nenas que conten cun irmán/á escolarizado/a para o curso 2024-2025 nunha escola da rede de escolas infantís municipais e as consideradas de urxencia social, nas que concorren menores tutelados ou en situación de garda por parte da Administración autonómica, fillas e fillos de mulleres que estean en centros de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero, e menores que se atopen nun contexto sociofamiliar de risco social e que requiran dunha intervención inmediata.

As restantes solicitudes de novo ingreso que non teñan carácter preferente serán obxecto de baremación para a asignación de prazas con carácter ordinario. Cómpre lembrar que para solicitar praza na rede de Escolas Infantís Municipais é requisito ter unha idade mínima de 3 meses o día de comezo do curso escolar e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2024. Con todo, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo. Ademais, é necesario que a crianza estea empadroado con algunha das persoas proxenitoras.

Neste sentido, obterán unha praza nas escolas solicitadas os nenos empadroados no Concello da Coruña. En segundo lugar, no caso de existir prazas vacantes, poderán obter praza os fillos e fillas de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no Concello da Coruña. E en terceiro lugar, poderán acceder os nenos doutros concellos.

Todas as prazas das Escolas Infantís Municipais son gratuítas, grazas a unha decisión coa que o Goberno de Inés Rey foi pioneiro en Galicia en prestar de balde un servizo esencial para moitas familias.

Relacionadas

España lidera a participación mundial no festival de divulgación científica Pint of Science, con...

0
• O festival internacional de divulgación científica celebrarase os días 13, 14 e 15 de maio en toda España, con entrada gratuíta • En Carballo,...

O Partido Popular de Sada esixe ao alcalde “reaccionar” ante a falta de seguridade...

0
O Partido Popular de Sada insta unha vez máis ao alcalde para “reaccionar “ #ante a inseguridade no municipio alimentada pola limitación de medios...

Muxía, Vimianzo e Camariñas presentan o quinto obradoiro dual ‘Camiño ao Emprego’ 2023/2024

0
Nesta edición haberá dúas especialidades: limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e operacións auxiliares de revestimentos continuos e construción Desde o pasado mes de...

A Policía Local imparte xornadas de seguridade viaria na que participan maís de 800...

0
Os nenos reciben formación sobre sinalización viaria, realizan os circuítos e coñecen os vehículos e material a disposición dos efectivos da Policía Local. Os máis...

Carral prepárase para unha fin de semana con moita miga da man da súa...

0
· O Concello acolleu, esta mañá, a presentación oficial da cita, que se celebrará o sábado, 11 de maio, e o domingo, día 12. Carral...

O Eixo Atlántico impulsa desde Carballo a participación das súas cidades nas Estratexias Territoriais...

0
15 dos 20 concellos galegos que forman parte da entidade transfronteiriza participaron nunha xornada informativa no Fórum 15 dos 20 concellos galegos que forman parte...

Publicacións Relacionadas