Home A Coruña Arsenio Iglesias contará cunha rúa en Riazor, entre a avenida da Habana...

Arsenio Iglesias contará cunha rúa en Riazor, entre a avenida da Habana e a rúa Manuel Murguía

- Anuncio -

A alcaldesa anunciou a homenaxe, que terá lugar o vindeiro xoves 2 de maio ás 19.00 horas na futura “Travesía Arsenio Iglesias”, xunto á Torre de Maratón, con motivo do primeiro aniversario do seu falecemento

Inés Rey: “É o momento de facerlle esta homenaxe a quen é o gran mito do pobo coruñés e o gran mito de Galicia”

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que Arsenio Iglesias Pardo contará cunha rúa en Riazor, tal e como se comprometera en marzo de 2020 co nomeamento da lenda do Real Club Deportivo co título de ‘Fillo Adoptivo’ da cidade. O vindeiro 5 de maio farase un ano do seu falecemento, que reuniu a milleiros de persoas nun emotivo velorio no estadio de Riazor. Con motivo desta efeméride, o Goberno municipal quixo dedicarlle unha rúa a quen foi un dos máis queridos adestradores do Deportivo. “Nestes días de exaltación branquiazul, de deportivismo e de coruñesismo por toda a cidade, cremos que son as mellores datas para poder facelo realidade”, explicou a alcaldesa.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 2 de maio ás 19.00 horas na futura “Travesía Arsenio Iglesias”, o paso que une a avenida da Habana coa rúa Manuel Murguía xunto á Torre de Maratón, “aquela onde se fraguou ese marabilloso idilio entre Arsenio e a xuventude coruñesa, o lugar onde gozamos das vitorias do noso Dépor”, sinalou Inés Rey.

Arsenio foi unha das figuras máis destacadas do Real Club Deportivo nos seus 116 anos de historia, sendo o adestrador que máis partidos oficiais dirixiu do primeiro equipo, con 568. Como xogador, disputou un total de 146 partidos e anotou 34 goles. Para o recordo sempre quedarán a heroica salvación do descenso a Segunda B na tempada 1987-1988, o ascenso a Primeira División ante o Real Murcia no 1991, o subcampionato de Liga no curso 1993-1994 e a Copa do Rei de 1995, segundo título oficial do club. Ademais, unha vez retirado, foi director das Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Base.
Esta iniciativa súmase ás postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para o recoñecemento de Arsenio Iglesias, como foi o renomeamento da Cidade Deportiva da Torre como Cidade Deportiva “Arsenio Iglesias” en decembro de 2020. “É o momento de facerlle esta homenaxe a quen é o gran mito do pobo coruñés e o gran mito de Galicia”, concluíu a alcaldesa, que animou os coruñeses e coruñesas a asistir á cita do vindeiro xoves 2 de maio.

Relacionadas

Os nenos e nenas de Neda celebran a tradicional festa dos maios en Albarón...

0
Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorados dos CEIP de Maciñeira e San Isidro, participaron esta mañá na festa dos maios de Neda....

O paseo de Xuvia acollerá este domingo unha xornada da “Liga Atlántica Billarda 23-24”

0
O paseo marítimo de Xuvia será, por terceiro ano, escenario dunha das xornadas, neste caso a décimo sexta, da “Liga Atlántica Billarda 23-24”. O...

“Poéticas Galegas”, recital poético nas Torres de Santa Cruz para conmemorar o Día das...

0
O teatro As Torres de Santa Cruz acollerá o xoves 16 de maio ás 19:0 horas un recital poético a cargo da actriz Chus...

O barro e as herbas da primavera, obxecto de encontros entre escolares e maiores...

0
A relación entre as herbas e a cultura do barro é o fío condutor dunha actividade interxeneracional senlleira na que participan persoas de máis...

Inés Rey e Alfonso Rueda acordaron hoxe iniciar unha  nova etapa de colaboración para...

0
Inés Rey convocará a todas as Administracións implicadas na fachada marítima  a un cumio na Coruña este mesmo mes para avanzar na integración dos...

O alcalde de Ribeira presenta a XVII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais

0
A festa das culturas mariñeiras terá lugar en Ribeira entre os días 17 e 20 de xullo de 2025Corría o ano 1993 cando se...

Publicacións Relacionadas