Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Un convenio asinado entre o Concello e a Xunta permitirá restaurar o...

Un convenio asinado entre o Concello e a Xunta permitirá restaurar o petróglifo de Fentáns, vítima dunha agresión vandálica no mes de abril

- Anuncio -

• O alcalde Jorge Cubela confirmou que xa rematou o proceso de contratación e licitación pública dunha empresa que, baixo control dun arqueólogo, intervirá nas estacións de Laxe dos Cebros, Pedra das Ferraduras, Laxe das Rodas e Portela da Laxe

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar co proceso de licitación e contratación pública dunha empresa que, baixo supervisión dun arqueólogo, levará a cabo traballos de limpeza, restauración e posta en valor de varios petróglifos entre os que está o de Fentáns que sufrira no mes de abril un grave atentado.

Esta actuación levarase a cabo graza a un convenio asinado entre o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo cal a Xunta aportará uns 30.000 euros destinados a preservar e poñer en valor os petróglifos de Laxe dos Cebros, Pedra das Ferraduras, Laxe das Rodas e Portela da Laxe.

O feito de que o val medio do río Lérez, no concello de Cerdedo-Cotobade, sexa o lugar de maior concentración de petróglifos de Galicia serviu de base para asinar este acordo que permitirá intervir e preservar estes bens de interese cultural, declarados monumentos histórico-artísticos de carácter nacional desde o ano 1974.

Os traballos que realizará a empresa adxudicataria do contrato público consistirán na conservación e restauración das estacións de arte rupestre a través da limpeza e roza do entorno inmediato, baixo control arqueolóxico, para favorecer a súa visibilidade, colocación e reposición de peches perimetrais, realización dunha diagnose do estado de conservación e labores de limpeza, consolidación e restauración dos soportes gravados dos petróglifos.

Tamén se aproveitarán estas intervencións para realizar traballos de documentación e rexistro dos petróglifos mediante o seu levantamento foogramétrico e realización de fotografías nocturnas e tamén toma de imaxes e vídeo aéreo.

Outra parte dos traballos a realizar e que contempla este convenio asinado entre a Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade consisten na colocación e/ou reposición da sinaléctica, divulgación nas redes sociais destes elementos da arte rupestre, organización de visitas guiadas e charlas informativas sobre os petróglifos.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas