Home Pontevedra Deza O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui,...

O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui, campión da 101ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

NESTE CONCURSO DE BELEZA CANINA PARTICIPARON MÁIS DE 300 EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPAÑA E PORTUGAL

O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui, alzouse hoxe como campión da 101ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal se disputou neste recinto feiral dende primeira hora da mañá.

Este can, que é o Best in Show de toda a Exposición, pertence a Gabriele Feldmann e Sascha Feldmann e foi presentado por José Luis Santiago, de A Coruña. O segundo posto foi para o australian shepherdog Once In a Lifetime de la Noval, de María Sonsoles Hevia de la Noval, de Asturias, mentres que o terceiro acadouno o can de raza schnauzer miniatura negro Made in Spain Heru, de Jacqueline Lasry, de Madrid.

Estes exemplares foron elixidos como os mellores da Exposición nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os exemplares con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

Ademais, no resto das categorías, tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” o vencedor foi a australian shepherdog Zoom in Me de la Noval, propiedade de María Sonsoles Hevia de la Noval, de Asturias, mentres que en cachorros foi a zwergpinscher Lesta´s Jewel, de Javier Lesta Martínez, de A Coruña.

En “Xóvenes” o gañador foi o schnauzer miniatura negro Aidante Everybody´s Everything, de Ante Lucin/Javier González Medikote, de Valencia, mentres que en “Veteranos” a campioa foi a akita americano Bruja de SalamancaBull, de Fernando Moreno Reoyo, de Salamanca. En “Razas Españolas” gañou o mastín do pirineo de nome Sakeros Uran, propiedade de Ana Pilar Jacob Avecilla, de A Coruña.

Recoñeceuse ademais á mellor “Parella”, conformada polos exemplares de schnauzer miniatura branco Roko de Santamariñacans e Zeltia de Santamariñacans, de Francisco José Fernández Saez e Blanca Díaz Treviño, de Pontevedra.

O mellor “Grupo de Cría” estivo conformado polos tres staffordshire bull terrier Stylestaff Red Monster, Stylestaff Tomas Shelby e Stylestaff Katiuska, de Iván Eirín Fernández, de Pontevedra.

Na entrega de premios desta 101ª Exposición Nacional, que tivo lugar esta tarde, participou o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, quen entregou os galardóns en varias das categorías.

Neste concurso, que ten como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores cans para a cría, participaron máis de 300 exemplares procedentes de distintos puntos de España e Portugal. Foron valorados por dez xuíces de España, Portugal, Italia, Croacia e Serbia que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Esta cita, organizada pola Sociedade Canina Galega, é de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. Os participantes tamén obtiveron nesta competición puntos para o Campionato de España.

Mañá, competición nacional e internacional

Mañá disputaranse a 102ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 45ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas