Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Ernesto Filgueira demanda un proxecto integral que poña en valor e promocione...

Ernesto Filgueira demanda un proxecto integral que poña en valor e promocione as laxes rupestres de Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

Filgueira: “A Xunta e o sr Cubela tratan de maquillar a situación de abandono na que teñen aos petróglifos do noso concello con achegas periódicas mínimas, pero non comprometen un proxecto integral cun investimento potente que os poña en valor e os converta nun produto turístico de referencia no País”.

A actual situación na que se atopan as laxes dos petróglifos de Cerdedo-Cotobade é, por desgraza, de completo abandono. Falta de limpeza, ausencia de barreiras perimetráis sólidas de protección, escasa ou nula sinalización, ou accesos intransitábeis, invadidos por matorral, tal e como denunciamos recentemente nas laxes do Lombo da Costa, na Laxe das Rodas ou na Laxe do Cuco en San Xurxo; unha situación que tamén se repite na Portela da Laxe de Viascón.

O alcalde publicita periódicamente achegas económicas da Xunta que se limitan a acometer rozas, sen acabar de presentar nunca un proxecto potente que permita pór en valor todo o rico conxunto de gravados rupestres cos que contamos en Cerdedo-Cotobade.

Paro o BNG, que leva anos instando ao sr Cubela a pór en marcha un Centro de Interpretación dos Petróglifos de Cerdedo-Cotobade, é necesario crear un produto turístico e cultural de primeira magnitude que permita facer do noso rico legado arqueolóxico un importante catalizador económico para os negocios das nosas parroquias. Este ambicioso proxecto debería completarse cun riguroso estudo de creación de marca propia e un plan de promoción tanto en medios convencionais e redes sociais, ademáis de establar negociacións con touroperadores turísticos para para introducilos na paquetización de programas de viaxes culturais e atraer un tipo de turismo de calidade ás nosas terras.

Segundo afirma Filgueira: “O PP e o sr Cubela andan con parches, sen entender que as laxes rupestres son recursos claves para o desenvolvemento estratéxico do eido turístico-cultural do noso concello”.

O BNG -lembrou o portavoz municipal- “ten presentado numerosas iniciativas durante o presente mandato, todas elas rexeitadas polo PP e o sr Cubela, e tamén levamos tres anos trasladando estas iniciativas en forma de emendas aos orzamentos de Galiza, que tamén foron desouvidas polo goberno do PP”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas