Home A Coruña O BNG considera un atentado contra a frota galega a decisión da...

O BNG considera un atentado contra a frota galega a decisión da Comisión Europea de pechar 87 zonas da pesca de fondo

- Anuncio -

Ana Miranda avanza que o Bloque solicitará unha reunión inmediata co comisario de Pesca, coa asistencia do sector, para frear esta decisión

Rosana Pérez critica a incapacidade da Xunta para defender a frota e advirte que mesmo pode afectar tamén ás embarcacións de artes menores

O BNG considera un disparate e un atentado contra a frota galega a decisión da Comisión Europea de pechar 87 áreas de pesca de fondo sen motivación científica algunha e sen ter en conta o impacto que pode implicar desde o punto de vista económico e do emprego para un sector estratéxico para Galiza.

En palabras da eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, esta decisión do Executivo comunitario supón “un ataque á frota galega que demostra a ignorancia da Comisión Europea e implica a expulsión da nosa frota de fondo sen ter en conta a realidade económica e social do País, nin se xustifica tampouco desde o punto de vista científico”.

“Supón un golpe en toda a regra a nosa frota que ven sumarse ás limitacións de TACs e cotas de pesca, ao impacto do Brexit, á aplicación das medidas de conservación que cumprimos estritamente e despois dun regulamento técnico e de control aprobado sen consulta coa frota, despois de todo iso, agora súmase esta prohibición”, critica Miranda, quen anuncia que o BNG solicitará unha reunión urxente co comisario de Pesca á que convidará ao sector.

O Bloque destaca que é a propia frota galega é a máis interesada e implicada na preservación dos recursos mariños e da biodiversidade, pero hai que ter en conta tamén o impacto económico, social e laboral que implica o veto a eses caladoiros aprobado pola Comisión Europea, que entrará en vigor case de xeito inmediato. Ademais, explica Miranda, non só están en xogos moitos postos de traballo, senón tamén toneladas de produtos do mar, toneladas de peixe coa repercusión que iso terá en termos de soberanía alimentaria.

Xunto coa actuación política en Bruxelas, o BNG solicitou no último pleno celebrado esta semana que tanto desde a Xunta de Galiza como desde o Goberno do Estado se demandase á Comisión Europea a retirada desta proposta, “porque tería un impacto brutal en Galiza pois afectaría a unha frota de cen barcos de pesca de fondo”, destacaba a portavoz parlamentaria de Pesca, Rosana Pérez.

A deputada nacionalista tamén advertiu do “despropósito” que supón que unha decisión de tal impacto se tome “en base a informes que non conclúen nada, incompletos e cando a mesma Comisión Europea recoñece textualmente que con outros datos máis fiables (sic.) as conclusións serían diferentes”.

Tanto Pérez como Miranda destacan que a frota de fondo galega está xa “hiperregulada” e moi inspeccionada, ademais da súa plena conciencia de que preservar os stocks mariños é a primeira condición para a súa propia supervivencia, “non ten nada a ver a nosa frota cos superarrastreiros doutros países como China”, indica Pérez.

O BNG advirte que a prohibición que a Comisión Europea ven de aprobar podería tamén afectar a frota que faena con artes menores, o que multiplicaría exponencialmente o desastre económico e social para o sector pesqueiro galego. Neste sentido, a formación nacionalista critica a falta de acción eficaz e contundente por parte do Goberno da Xunta para evitar este novo golpe á frota galega.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas