Home A Coruña Arrinca o curso 2022-2023 do programa “Lousame Concilia” con dezaseis nenos/as

Arrinca o curso 2022-2023 do programa “Lousame Concilia” con dezaseis nenos/as

- Anuncio -

O Concello de Lousame informa da dispoñibilidade de prazas, tanto para este servizo de conciliación que se imparte de luns a venres, de 7:45 a 9:00 horas, no CPIP Cernadas de Castro

Un total de 16 nenos e nenas participan no programa “Lousame Concilia” do curso 2022-2023, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos antes do inicio das clases. Organizado polo Concello de Lousame, o servizo préstase de 7:45 e 9:00 horas nas instalacións do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro.

Durante estes primeiros días, a rapazada desfrutou de sesións de contacontos, xogos matemáticos, xogos de mesa… Así mesmo, están a elaborar un mural sobre o outono que agardan ter rematado a próxima semana.

O “Lousame Concilia” é un servizo posto en marcha polo Concello de Lousame, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade, para facilitar a conciliación familiar no municipio. Ademais dos 16 inscritos, o Concello de Lousame conta con prazas dispoñibles tanto para atender as demandas de días soltos por parte das familias (reservando a praza no teléfono 606 788 345) como de asistencia continua. Neste caso, as familias interesadas deberán poñerse en contacto coa Concellería de Igualdade: 981 820 494.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas