Home Tabeirós A Estrada A Estrada acollerá 40 actividades culturais nas parroquias dentro do ciclo “Un...

A Estrada acollerá 40 actividades culturais nas parroquias dentro do ciclo “Un cómico na aldea”

- Anuncio -

o O programa dará comezo a vindeira fin de semana e incluirá representacións teatrais, monólogos, espectáculos de maxia ou roteiros literarios en 38 parroquias

o O edil de Cultura, Juan Constenla, destaca a aposta do Concello por “achegar un ano máis parte da programación cultural ao rural co obxectivo de que se beneficie das actividades a maior cantidade da veciñanza posible”

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou esta mañá un novo ciclo de actividades culturais no rural, que se retoma despois de dous anos de parón pola pandemia baixo o nome “Un cómico na aldea” e inclúe 40 eventos espallados pola meirande parte de parroquias estradenses.

“Levamos tempo achegando parte da nosa programación cultural ao rural e este ano farémolo con máis forza ca nunca da man desta iniciativa especial e ilusionante, con eventos para todos os públicos e cun importante protagonismo dos artistas estradenses, para conseguir que sexa partícipe das actividades que estamos a impulsar desde o Concello a maior cantidade da veciñanza posible”, asegurou Juan Constenla.

O edil de Cultura tamén explicou que coa elección do nome “Un cómico na aldea” para denominar a este novo conxunto de actividades culturais preténdese homenaxear o 30 aniversario da publicación do libro “Un médico na aldea”, do autor estradense Manuel Reimóndez Portela.

As primeiras actuacións enmarcadas neste ciclo terán lugar durante a fin de semana do 24 e 25 de setembro con funcións nas parroquias de Orazo -dentro da súa mostra de teatro afeccionado-, Santeles e Riobó, e extenderase ata marzo do 2023.

“Un cómico na aldea” incluirá 40 actividades culturais de teatro, novo circo, narración oral, monólogos, maxia, música e roteiros literarios, que se celebrarán nas escolas e locais sociais das seguintes 38 parroquias: San Andrés de Vea, San Xurxo de Vea, San Xulián de Vea, San Xiao de Vea, Cora, Couso, San Miguel de Barcala, Frades, Toedo, Santeles, Matalobos, Paradela, Arnois, San Miguel de Castro, Oca, Loimil, Riobó, Berres, Moreira, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Curantes, Rubín, Callobre, Cereixo, Vinseiro, Lamas, Pardemarín, A Somoza, Tabeirós, Montillón, Nigoi, Parada, Ribela, Codeseda, Sabucedo, Ouzande e Guimarei.

A totalidade das compañías e dos/as artistas que protagonizarán o ciclo cultural son galegos/as e, na súa maioría, estradenses. O apartado teatral contará coas representacións de Disfunción Continua, As Lerchas, Bandullo Azul, Grupo Chévere, Teatro da Zarabándula e da Escola Municipal de Artes Escénicas. O novo circo estará representado polo Mimo Nono e por Isabel Risco. O ciclo tamén contará coas narracións orais de Quico Cadaval, Cándido Pazó, Celso Sanmartín e Lois Pérez. Completarán a oferta cultural os monólogos de Isi e do Padre Xiao; o espectáculo de maxia de Manolo do Atlético e o Mago Toño; a actuación musical de Pablo Chichas e Miguel Guido; e os roteiros literarios que se levarán a cabo no Pazo de Oca e no Areal de Berres.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas