Home Pontevedra O concello presenta o proxecto do novo parque xardín de Soutomaior

O concello presenta o proxecto do novo parque xardín de Soutomaior

- Anuncio -
  • Terá unha superficie de case 11.000 metros cadrados e varias zonas diferenciadas con árbores froiteiras, viñedos e xardíns
  • O Concello presentou esta mañá o proxecto do novo parque-xardín que levará a cabo na parroquia de Soutomaior. Unha nova zona de recreo de máis de 10.000 metros cadrados que conectará co actual xardín traseiro da Casa do Concello e coa que o goberno local quere atender as necesidades de infraestruturas de lecer dos veciños residentes nos barrios do rural.
  • O novo parque estará situado na Rúa Alexandre Bóveda e contará con tres accesos diferentes, dous deles a ambos os dous lados da Casa do Concello e un terceiro a través do miradoiro e a zona de gradería que se creará na marxe da PO-244. Cada acceso contará cun itinerario específico a través dos xardíns e espazos de lecer ata atoparse os tres na chaira central, unha zona pavimentada de máis de 1600 metros cadrados acondicionada para acoller diferentes actividades e eventos sociais.
  • En total o parque terá un total de 11 zonas diferenciadas segundo o seu uso e as especies arbóreas que se poderán atopar neles. Así, hai zonas con diferentes variedades de árbores froiteiras como maceiras, ciruelos, figueiras, nísperos, perales…, unha zona boscosa, outra con especies vexetais de porte baixo, varios grupos de cerdeiras e unha zona cun viñedo tradicional que xa se atopaba nas primeiras ortofotos do municipio nos anos 50.
  • Do mesmo xeito, o parque tamén conta cunha zona de lecer e esparexemento destinada a fomentar as relacións sociais entre os veciños. Un espazo con varios bancos e muretes circulares que contará con zonas de sombra e unha pradería de herba natural.
  • Con este proxecto, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, durante a presentación, o Concello de Soutomaior aposta pola creación de espazos de lecer sostibles. “Un parque no que priman as variedades autóctonas cun consumo hídrico responsable, no que se integran os elementos tradicionais cos novos e no que llos visitantes poderán atopar todo tipo de froitas ao seu alcance”, explicou o rexedor.
  • Para a adquisición dos terreos necesarios o Concello de Soutomaior xa iniciou os trámites dentro do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas, o mesmo proceso utilizado para a creación do novo Centro de Saúde de Arcade, polo que agora deberá esperar á avaliación de impacto ambiental que realizará a Xunta de Galicia.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas