Home Pontevedra Campo Lameiro O concello de Campo Lameiro fai entrega á Fundación Andrea dun "cheque"...

O concello de Campo Lameiro fai entrega á Fundación Andrea dun “cheque” de 2.552 euros recadados na andaina celebrada esta mañá

- Anuncio -

Os donativos corresponden ao 50% da cota de inscrición dos 400 participantes e ás huchas ubicadas na saída e chegada da proba.

O alcalde Carlos Costa fixo entrega á directora da Fundación Andrea, Amaya Castro, dun total de 2.552 euros recadados na I Andaina Concello de Campo Lameiro celebrada esta mañá e na que participaron 400 persoas inscritas para realizar o percorrido longo de 21,5 quilómetros e curto de 14 quilómetros. No evento estivo presente o xefe territorial de Deportes da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavides Alonso.

Durante a entrega do recadado, o alcalde Carlos Costa, agradeceu aos centos de persoas que se deron cita nesta primeira edición da Andaina Concello de Campo Lameiro coa que se pretendía ofrecer unha alternativa saludable ao tempo que se promocionaba os encantos turísticos que atesoura o municipio. Tamén felicitou ao Comité Organizador e aos voluntarios que estiveron atendendo en todo momentos ata o último detalle aos participantes.

Outra vertente desta actividade foi a recadación de fondos para a Fundación Andrea de apoio aos nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e que permitiu destinar o 50% da cota dos inscritos nesta proba así como os fondos recollidos nas huchas instaladas na Praza do Concello para este fin, recadándose un total de 2.552 euros que foron entregados nete mesmo acto.

Á andaina comezou con puntualidade ás 9 da mañá dándolle a saída aos 169 participantes no percorrido longo de 21,5 quilómetros e media hora despois aos 231 restantes. Os deportistas atravesaron por dous importantes reclamos turísticos: o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro e o Sendeiro do Río Maneses. Ademais, os que decidiron emprender a andaina longa puideron gozar da área recreativa de Penalba e dos petróglifos que hai situados nesa zona (“Pedra da Serpe” e “Laxe da Arrotea de Mendo”).

Así, esta proba pedestre non competitiva pretendía promocionar tamén os distintos lugares e paraxes marabillosos que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro e así a organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.

O percorrido establecido pola organización contemplaba un desnivel positivo de 860 metros para a distancia longa de 21,5 quilómetros, que tivo tamén habilitados 3 avituallamentos e, no caso do trazado curto de 12 quilómetros, o desnivel positivo foi de 550 metros e houbo dous puntos de avituallamento.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, cualificou esta primeira edición de un éxito e agradeceu tamén a todos os establecementos comerciais do municipio que colaboraron con esta iniciativa que rematou compartindo un gran aperitivo para recuperar forzas dos participantes no que se puderon degustar callos, mexillóns, empanadas, postres, etc.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas