Home Pontevedra O Concello e Universidade inician as reunións técnicas para a construción do...

O Concello e Universidade inician as reunións técnicas para a construción do skate e do novo edificio de Moda, e a desafectación dos terreos do campus

- Anuncio -

O encontro coordinado polo concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda propuxo:
• A Sinatura dun protocolo para autorizar ao Concello a construción dun skate nunha parcela de Celso Emilio Ferreiro a cambio do seu mantemento.
• A cesión definitiva da parcela de Tafisa para a construción do edificio que albergará Deseño, Moda e Xestión e administración pública.
• Retomar o expediente de desafectación dos terreos do campus entre os que se encontran a Escola de Forestais ou varios viais e zonas verdes da Universidade.

Dezaoito días despois da reunión do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa e a nova vicerreitora de Pontevedra, Eva Lantarón, o Concello e a Universidade volvéronse encontrar onte para ir avanzando nos acordos alcanzados entre o alcalde e o reitor.

Tratouse dunha reunión técnica coordinada polo concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda e o director xeral da Alcaldía e de Urbanismo, Xosé Manuel Tato para desbloquear a instalación do skatepark na entrada do campus, avanzar na construción do novo edificio de Deseño e Moda na parcela de Tafisa, e retomar a tramitación ca desafectación dos terreos marítimo terrestre do campus e as súas edificacións.

Ao respecto do skatepark, acordouse a próxima sinatura dun protocolo polo que a Universidade autoriza ao Concello a construción desta instalación deportiva a cambio do seu mantemento permanente.

O skatepark está proxectado nunha parcela na entrada do Campus, entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e a avenida de Compostela. O terreo ten unha superficie de 10.600 m2, aínda que a instalación ocupará 1.342 m2.

O Concello ten intención de actuar en toda a parcela integrando o espazo universitario, co deporte e o medio ambiente.
Proponse un skatepark integrado nos percorridos, mantendo a vexetación e facendo, incluso, novas plantacións, e instalando bancos para crear zonas de estancia. O seu deseño permitirá que funcione como un único elemento de gran percorrido así como dúas prazas con percorridos internos.

Edificio de Moda
Outro dos asuntos tratados na reunión foi avanzar na cesión da parcela de Tafisa onde a Universidade ten previsto a construción do novo edificio académico. Con esta cesión, pasaríase a entregar a titularidade á Universidade xa que até o de agora só se puxera a disposición por parte do Concello.

A Universidade ten intención de crear un edificio modular, máis pequeno que o inicialmente proxectado para acoller a Facultade de Belas Artes. Agora albergará o grao en Deseño e o máster en Deseño e Dirección creativa en moda, así como a facultade de Dirección e xestión pública.

A parcela en cuestión ten unha superficie de 20.000 m2 e tería menos edificabilidade que a anterior proposta universitaria, na que estaba previsto ocupar un máximo de 14.000 m2 e deixar o resto da parcela como zona verde.

Desafectación terreos da Universidade
Finalmente, as dúas institucións tamén acordaron retomar a organización das titularidades dos terreos na contorna do Lérez ao respecto do proxecto de desafectación dos terreos de dominio marítimo-terrestre. As tres administracións con terreos nas beiras do Lérez que se ían desafectar son o Concello, a Universidade e a Xunta de Galicia. As tres, de mutuo acordo, iniciaron un único expediente de desafectación de todo o ámbito, que tramitaba o Concello de Pontevedra.

Trátase dun expediente moi complexo e longo que require de informes de diversos ministerios. O Ministerio de Hacienda remitira o seu informe indicando que tiña que tramitarse un expediente por cada administración implicada, polo que a tramitación quedou paralizada.

O Concello de Pontevedra pretende agora volver retomar ese expediente de desafectación, logo de acordar

O expediente comezou a tramitarse en maio de 2017 e nel pedíase a Costas do Estado a desafectación de varias parcelas situadas en dominio marítimo-terrestre que na actualidade están ocupadas por equipamentos educativos, deportivos, espazos verdes ou viais na zona da Xunqueira. O propósito era normalizar a situación administrativa destas parcelas e facilitar as actuacións que haxa que levar adiante no futuro.

Naquel expediante pedíase a desafectación das seguintes parcelas:
• Pavillón municipal de deportes
• Os dous estacionamentos de bordo diante do Pavillón e a rúa Domingo Fontán que os une ao Pavillón.
• O tramo da avenida de Compostela que vai da ponte de Santiago ao Pavillón
• Un pequeno anaco do parque Rosalía de Castro
• A rúa Celso Emilio Ferreiro
• O IES A Xunqueira I.
• A Escola Oficial de Idiomas
• O Centro de formación do profesorado
• O IES A Xunqueira 2 e espazos deportivos
• O pavillón Multiusos
• Os campos de fútbol da Xunqueira
• A Escola de Forestais
• Un espazo verde no campus

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas