Home Pontevedra Caldas Fernando Pérez, candidato único a presidir o Partido Popular de Caldas de...

Fernando Pérez, candidato único a presidir o Partido Popular de Caldas de Reis

- Anuncio -

• “É un congreso de unidade, de consenso, no que todos temos claro que o único importante é traballar xuntos para garantir o cambio en Caldas de Reis nas municipais do ano próximo”.

O actual voceiro local e deputado autonómico, Fernando Pérez, é o único candidato a presidir o Partido Popular de Caldas de Reis no congreso local que se celebra o venres 30. Así o ratifica a Comisión Organizadora do Congreso, presidida por Sara Martínez Salgado, e da que tamén forman parte Carolina Martínez Silva e Jesús Antonio Goldar Guimil, tras recibir máis do 40% dos apoios dos afiliados locais do partido e septuplicando os avais mínimos que Fernando Pérez necesitaba para formalizar a súa candidatura.

Un apoio “fundamental e unánime”, segundo salienta o candidato, e por iso amosa a súa gratitude por este gran respaldo. “É un congreso de unidade, de consenso, no que todos temos claro que o único importante é traballar xuntos para garantir o cambio en Caldas de Reis nas municipais do ano próximo”. Fernando Pérez indica que recibiu o apoio de todos os afiliados aos que tivo ocasión de dirixirse estes días, incluídas todas as persoas que foron algunha vez candidatos do PP e continúan afiliados ao partido.

“Temos un obxectivo claro e un proxecto sólido para facer de Caldas de Reis un concello próspero e con máis oportunidades. Somos a alternativa a un Goberno desgastado, sen ideas e sen proxectos, que goberna por inercia”, sinala Pérez, que indica que a celebración do congreso local do partido “supón unha ocasión importante para ampliar equipos, seguir sumando xente ao noso proxecto e intensificar a nosa presencia na rúa”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas