Home Pontevedra O concello de Soutomaior comeza a ampliación do Parque Infantil de Talo...

O concello de Soutomaior comeza a ampliación do Parque Infantil de Talo Rio

- Anuncio -
  • A superficie do parque pasará de 350 a 650 metros cadrados e incluirá unha zona verde e de descanso para os coidadores
  • O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de renovación do parque infantil da Alameda Talo Rio de Arcade. Unha mellora coa que o goberno local quere levar a cabo unha gran ampliación do recinto ao tratarse dunha das zonas de recreo máis utilizada do municipio, xunto ao Peirao de Arcade. Os traballos contan cun prazo de execución de tres meses.
  • Así, o novo parque infantil de Talo Río practicamente duplicará a superficie e o número de xogos do recinto actual. A figura central será un gran castelo no que se integrarán varios xogos e atraccións para todas as idades, a principal será un gran tobogán totalmente cuberto de máis de 3 metros de altura. Ademais, o novo parque contará con balancines, randeeiras, cama elástica, un carrusel e unha zona dedicada aos máis pequenos cun pequeno parque de area.
  • Para completar a funcionalidade do recinto, instalarase unha zona de descanso e vixilancia para os coidadores dos pequenos con bancos de gran amplitude xunto ás novas árbores que se instalarán para dar sombra ao conxunto. Por último, instalarase un novo valo de seguridade perimetral de madeira.
  • Con esta mellora, indicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o goberno local pretende atender as necesidades dos veciños de espazos lúdicos de calidade. “Este parque acolle a veciños de todas as idades, desde os máis pequenos á de máis idade, e todos eles merecen un espazo de lecer seguro, confortable e adaptado ás necesidades de todos”, finalizou o alcalde.
  • O custo desta mellora afrontarase exclusivamente con fondos municipais e ascende ata os 127.000 euros de orzamento de execución, un prezo lixeiramente inferior ao custo inicial de licitación do proxecto ao recibirse unha gran cantidade de ofertas de empresas do sector.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas