Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Ernesto Filgueira insta a PP e PSOE a rexeitar os parques eólicos...

Ernesto Filgueira insta a PP e PSOE a rexeitar os parques eólicos de Pedra Longa e Cabanelas

- Anuncio -

Ernesto Filgueira: “Rexistramos unha moción para acadar no pleno da vindeira semana un acordo da corporación contra os dous últimos proxectos eólicos que axexan sobre os nosos montes e a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Ernesto Filgueira, portavoz dos nacionalistas de Cerdedo-Cotobade, ven de rexistrar unha moción a fin de acadar o apoio da corporación municipal contra os parques eólicos de Pedra Longa e Cabanelas. Ámbolos dous proxectos afectan especialmente ás parroquias de Tomonde e Quireza debido, entre outras afectacións, á proximidade dos muiños aos núcleos de poboación. Segundo anuncia Filgueira, “Cerdedo-Cotobade segue a ser, unha vez máis, vítima das pretensións das grandes enerxéticas que, en clara conivencia co PP e a Xunta, queren facer da nosa bisbarra un mega-polígono eólico que atenta contra a vida da veciñanza que vive no rural”.

O BNG de Cerdedo-Cotobade leva máis de ano e medio esixindo que se faga unha planificación seria e rigorosa dos parques eólicos, analizando o impacto na súa globalidade e con criterios de transparencia, participación, sustentabilidade e con repercusión económica na zona. Sen embargo, o que se está a atopar a veciñanza afectada é “o silencio cómplice do Alcalde e do seu grupo de goberno diante destas dúas novas ameazas” tal e como apunta Ernesto Figueira “así lle-lo están a facer saber veciños e veciñas dos lugares afectados moi preocupados polas afectacións e prexuizos sobrevidos como a alteración nas captacións de augas, a destrución do medio natural, o impacto visual e sonoro, a perda da diversidade animal e vexetal, o paso de liñas de alta tensión ou a depreciación das propiedades como consecuencia das poligonais, e outras moitas”.

O BNG solicita na moción o rexeitamento expreso do conxunto da corporación contra os parques eólicos Pedra Longa e Cabanelas. Ademáis instan ao goberno local a presentar alegacións negociadas co BNG tal e como se fixo cos parques eólicos dos Cotos, Campo das Rosas, Porto Vidros, Siroco, Tramontana e Rula. Di Ernesto Filgueria “que non entende por qué o Alcalde se posiciona contra uns proxectos e deixa tirada á veciñanza noutros como por exemplo agora, cos proxectos eólicos de Pedra Longa e Cabalenas”. Por último, o BNG recolle na moción a necesidade de apresentar informes técnicos sobre as afeccións destos proxectos eólicos.

Ernesto Filgueira: “Dende o BNG continuamos a facerlle fronte ao espolio e a depredación que pretende levar a cabo o PP, dende a Xunta e co silencio cómplice de Jorge Cubela, en favor das grandes enerxéticas o que, para nós, supón un agravio e un atentado contra o noso rural e a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas