Home A Coruña Santiago acolle a 10ª edición das Marchas Ciclistas Unificadas para persoas con...

Santiago acolle a 10ª edición das Marchas Ciclistas Unificadas para persoas con e sen discapacidade intelectual

- Anuncio -

A marcha, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración co Concello de Santiago e unha ampla lista de entidades e empresas, chegará o día 1 de outubro a Compostela despois de percorrer as localidades de Baños de Molgas (Ourense) e Friol (Lugo). O obxectivo desta marcha e favorecer a inclusión do colectivo a través do deporte.

A partir do vindeiro 29 de setembro, a inclusión volve a percorrer as rúas galegas grazas á Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia, e na que participarán conxuntamente persoas con e sen discapacidade intelectual de toda a Comunidade. O programa desta actividade foi presentado esta mañá no Concello de Santiago de Compostela, coa participación da concelleira de Deportes Esther Pedrosa, o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o xerente da Asociación ASPAS, Javier García, e un dos deportistas da Asociación ASPAS, Jesús Cabo.

Esta marcha ciclista chega este ano á súa 10ª edición, e novamente percorrerá as 4 provincias galegas. A primeira ruta será a través da localidade ourensá de Baños de Molgas, continuando o día 30 de setembro en Friol, o día 1 de outubro en Santiago de Compostela e rematará o día 2 de outubro en Vilagarcía de Arousa. Catro días de ciclismo inclusivo que nesta ocasión contará coa participación de 7 entidades da discapacidade intelectual a través das diferentes xornadas. Estas entidades son PRODEME (Monforte de Lemos), ASPANAS (Ourense), AS BURGAS (Ourense), ASPAS (Santiago de Compostela), CHAMORRO (Narón), ASPRONAGA (A Coruña) e CON ELES (Vilagarcía).

A etapa de Santiago terá nunha percorrido de 19 quilómetros e contará coa participación de 40 deportistas que partirán da praza do Obradoiro o vindeiro sábado 1 de outubro ás 11:30 h, tras o acto de inauguración que comezará ás 10:45 h.

A concelleira Esther Pedrosa salientou que esta cita “é xa un referente da inclusión no ámbito deportivo e reflicte a diversidade e pluralidade da nosa sociedade, que tamén debe estar presente neste eido”. Tamén reiterou o compromiso do Concello e o seu propio para axudar a “derrubar eses muros que aínda existen na práctica deportiva e noutros ámbitos sociais”, xa que “é un deber que temos coa sociedade á que, como políticos, representamos”.

Special Olympics Galicia

Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual.

A asociación nace no ano 2000, por acordo de 17 entidades das diferentes provincias galegas, e co fin de conseguir a inclusión social do colectivo de persoas con discapacidade intelectual,mediante a cultura, a práctica depotiva, o lecer e calquera outra actividade que promova a participación das persoas con discapacidade intelectual na vida comunitaria nun entorno normalizado.

Para isto, organizans e coordinan as actividades deportivas, lúdicas e culturais das diferentes entidades de persoas con discapacidade intelectual en Galicia.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas