Home Xunta de Galicia Lete Lasa reivindica a marcha nórdica como un dos máis completos deportes...

Lete Lasa reivindica a marcha nórdica como un dos máis completos deportes e destaca o apoio da Xunta ás novas modalidades olímpicas como a escalada

- Anuncio -

_Destaca a aposta que a Xunta leva facendo dende hai anos pola escalada e anuncia que o Goberno galego xa traballa na primeira edición do Campionato galego de marcha nórdica e na inclusión da modalidade no programa Xogade

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Marcha Nórdica, organizado pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada que terá lugar mañá sábado na Illa das Esculturas de Pontevedra. O mandatario galego destacou a importancia da marcha nórdica como un deporte -camiñar con bastóns- que mobilizaba o 90% da musculatura corporal, preto de 600 músculos e uniu esta modalidade co Camiño de Santiago, xa que “miles de peregrinos chegan a Compostela cada día facendo marcha nórdica, ou o que é o mesmo, camiñando con bastóns”.
A marcha nórdica, atópase dentro da federación de montañismo e escalada, disciplina que é olímpica dende os Xogos de Toquio e na que Lete Lasa destacou a Alberto Ginés, medalla de ouro olímpica, e o deportista galego de alto nivel, Erik Paulo Noya, que neste verán vén de acadar dous ouros en Copas de Europa de Velocidade e unha prata mundial. “É importante destacar que un dos mellores escaladores de España e do mundo é galego”, apuntou.
Neste sentido destacou a aposta que a Xunta de Galicia leva facendo dende hai anos por estes deportes que pouco a pouco van saltando á palestra internacional ao converterse en olímpicos: “fixémolo co BTT, co surf, co skate, co basket 3×3 e tamén coa escalada”. Ao fío desta idea lembrou a importancia do rocódromo instalado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo que xa foi obxecto de visitas de moitos colexios da contorna no marco do programa Xogade.
Ademais, Lete Lasa anunciou que o Goberno galego xa traballa na primeira edición do Campionato galego de marcha nórdica e na inclusión da modalidade no programa Xogade.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Publicacións Relacionadas