Home Tabeirós A Estrada A EMAE estreará a comedia “Pastel de Escarapote” os días 8 e...

A EMAE estreará a comedia “Pastel de Escarapote” os días 8 e 9 de outubro no Teatro Principal

- Anuncio -

o O elenco, composto por Chelo do Rejo, Cristina Andrade, Pablo Chichas, José Antonio Valcárcel e Anabel Gago baixo a dirección de Marián Bañobre, refírese á obra como “unha proposta moi divertida, dinámica e viva para que a xente ría e goce moito”

o As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 26 de setembro, no Departamento de Cultura e en Calzados A Esquina

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou esta mañá no Teatro Principal da Estrada a obra “Pastel de Escarapote”, unha comedia que estreará a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) os días 8 e 9 de outubro.

Na súa intervención, Constenla destacou o papel da Fundación Cultural no noso municipio, “protagonista da maioría da actividade cultural e formativa que ofrece o Concello”, e animou á veciñanza “a achegarse a gozar do moito talento que engloba este elenco de auténtico luxo que se subirá ao escenario”.

Durante a presentación do espectáculo, o edil de Cultura estivo acompañado da directora da obra, Marián Mañobre; do xerente da EMAE, Xosé Lueiro; e de gran parte do seu elenco. Marián Mañobre agradeceu o convite da EMAE para participar neste proxecto e destacou “a gran familia teatral que existe na Estrada, na que se xeneran moitas sinerxías entre artistas como é o caso deste espectáculo”.

O elenco da obra está formado polos exalumnos da EMAE Chelo do Rejo, Cristina Andrade, Pablo Chichas e José Antonio Valcárcel; e pola profesora da escola Anabel Gago, que estarán baixo a dirección da responsable da compañía Ibuprofeno Teatro, Marián Bañobre, coa colaboración de Lorena Rozados como axudante de dirección. Ademais, a representación contará coa música en directo dos seguintes compoñentes do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso: Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez. Chelo do Rejo aproveitou para agradecerlle a Xosé Lueiro o seu labor “para facer medrar o teatro dunha maneira ou doutra” e fixo fincapé en que “sen él, moitas destas cousas non poderían poñerse enriba dun escenario”. A estas palabras sumouse logo o resto do elenco, asegurando que “Lueiro é o que nos empurra e o que nos apoia para abrirnos as portas dun teatro moi vivo”, e referíronse ao espectáculo como “unha proposta moi divertida, dinámica e viva para que a xente ría e goce moito”.

Lueiro quixo poñer en valor a adaptación do texto da obra levada a cabo por Santi Cortegoso. “Este proxecto naceu hai dez anos na miña cabeza e quedou caduco”, asegurou, e engadiu que a adaptación “dotou a obra dunha perspectiva de xénero con personaxes femininas empoderadas”. O xerente da EMAE tamén destacou a colaboración do escultor estradense Manolo Vilaverde.

Esta comedia teatral estrearase con dous pases no Teatro Principal da Estrada: o sábado 8 de outubro, ás 21.00 horas; e o domingo 9 de outubro, ás 19.00 horas. Logo destas dúas funcións, realizará unha xira polas parroquias estradenses.

As persoas que desexen gozar deste espectáculo poderán recoller as súas entradas, cun prezo de cinco euros, a partir do luns 26 de setembro no Departamento de Cultura do Concello e en Calzados A Esquina.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas