Home A Paradanta A Cañiza O PP acusa a Luis Piña de neglixencia por non adoptar medidas...

O PP acusa a Luis Piña de neglixencia por non adoptar medidas de prevención a pesar de coñecer o risco de derrube inminente

- Anuncio -

• Miguel Domínguez sinala que tanto os veciños do lugar como os propios populares pediron ao Goberno local que actuase, pero desde o concello nin se sinalizou o edificio nin se restrinxiu o paso.


• Din que foi unha sorte non lamentar vítimas, a pesar de que á hora do incidente varios escolares camiñaban por esa beirarrúa.

O Partido Popular da Cañiza acusa ao Goberno local e ao alcalde Luis Piña de neglixencia no caso do derrube da fachada da rúa Progreso, por non ten actuado e adoptado medidas urxentes de prevención a pesar de coñecer que o risco de derrube era inminente. O voceiro Miguel Domínguez recorda que hai numerosos avisos dos veciños do lugar, e mesmo o PP advertiu da situación, sobre que o edificio ameazaba con caer en calquera momento. “Fotografías, varios avisos, queixas e peticións para protexer a seguridade dos viandantes, que foron, segundo declaracións dos propios veciños, ignoradas polo alcalde, que nunca puxo os medios para tentar minimizar os danos dunha posible fatalidade”, apunta.

Por todo, insiste, “Piña é o máximo responsable dos danos ocasionados. Foi unha sorte que non teñamos que lamentar danos persoais, porque á hora do accidente varios escolares camiñaban por esa beirarrúa. Non entendemos a temeridade do alcalde e a súa falta de responsabilidade coa seguridade dos veciños”. Recorda que non é a primeira vez que Piña elude o seu compromiso coa seguridade da Cañiza: “No Nadal do 2019 permitiu unha instalación ilegal de luces sen toma a terra, tivo a pista de skate nun estado estremo de perigo para os nenos, ata que nos mesmos o denunciamos nas redes sociais, e a retirou… E é que se non sae nas redes sociais, Piña non actúa”.

Desde a oposición, tamén se puxo en coñecemento do alcalde a situación de perigo que neste inmoble. En concreto, a concelleira popular Pilar Vicente informou no consistorio “do estado ruinoso e da inclinación da fachada, así coma de que a propiedade se atopaba aberta con libre acceso a pé de rúa e desfeita por dentro, solicitando que acordoaran a zona por seguridade”. Pero esta vez, tampouco se fixo nada por parte do Concello, e pola calzada seguiuse permitindo o paso de peóns e o estacionamento de vehículos. “Incluso nos días de máis afluencia de persoas, como foi a Festa so Xamón ou nas actividades de lecer do verán”, lamentan os populares.

“É incrible que o alcalde non priorizase as demandas dos veciños e non xestionase este asunto con celeridade, puido ocorrer unha desgraza. Era coñecedor do que estaba pasando e non fixo nada. Incluso a pesares de estar advertido de que por esa beirarrúa camiñaban varios escolares para acudir ao colexio, todas as mañás.”, engade Domínguez.

Os veciños lamentan que tivese que ocorrer o derrume do edificio, para que, agora si, se cercase a zona e se restrinxise o paso.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas