Home O Condado Mondariz A Xunta presta coidados profesionais para favorecer o envellecemento activo dunha trintena...

A Xunta presta coidados profesionais para favorecer o envellecemento activo dunha trintena de maiores no Centro de Día de Mondaríz

- Anuncio -

A través da rede pública de servizos de atención diúrna favorécese a autonomía das persoas de avanzada idade sen saír do seu contorno, ademais de supoñer un importe apoio para a conciliación das familias

A Xunta de Galicia ofrece atención e coidados integrais a unha trintena de persoas maiores que asisten diariamente ao centro de día de Mondariz, pertencente á rede pública do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O xerente deste ente dependente da Consellería de Política Social e Xuventude, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións acompañado do alcalde do municipio pontevedrés, Xosé Emilio Barros.

Perfecto Rodríguez destacou o traballo que realizan os profesionais deste equipamento, cun amplo programa de actividades e servizos para promover a autonomía persoal dos usuarios. Tamén explicou que este recurso, ao igual que o resto de centros de maiores do Consorcio, presta unha atención de ámbito comarcal, pois ao mesmo acoden veciños de Mondariz e tamén de concellos limítrofes, como Ponteareas ou Mondariz-Balneario.

Ademais de fomentar un envellecemento activo, o xerente do Consorcio resaltou que os centros de día funcionan como un espazo para favorecer as relacións sociais dos maiores e a permanencia na súa contorna, evitando posibles situacións de soidade non desexada. Outro aspecto que destacou destes servizos é que constitúen un apoio fundamental para a conciliación das familias.

Elevada ocupación
Por outra banda, manifestou a súa satisfacción polo alto nivel de ocupación que rexistran os centros de día do Consorcio, o cal xa é nestes momentos similar ao que tiñan antes da pandemia. Para o xerente deste ente público isto demostra a confianza das familias no funcionamento e nos profesionais destes servizos, así como que as medidas de prevención que se tomaron no seu día para facer fronte á covid-19 foron acertadas.

Durante a súa visita, Perfecto Rodríguez e o alcalde de Mondariz renovaron o convenio de xestión do centro de día, que seguirá recaendo no Consorcio e que xa está adaptado ao modelo de cofinanciamento acordado no seu día coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas