Home Pontevedra Caldas O concello de Portas recepciona a furgoneta eléctrica mercada a través do...

O concello de Portas recepciona a furgoneta eléctrica mercada a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta

- Anuncio -

O alcalde, Ricardo Martínez, destinará este vehículo á brigada de obras, servizos e medio ambiente para prestar mellor atención á veciñanza

O alcalde Ricardo Martínez, a concelleira Ana Peña e varios técnicos municipais recepcionaron esta mañá a furgoneta eléctrica adquirida polo Concello de Portas para prestar servizo como vehículo da brigada de obras municipal e medio ambiente e que contou coa subvención da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.

A furgoneta eléctrica foi adquirida a través dun concurso público que saiu a contratación por un valor estimado de 39.809 euros e que foi adxudicada a Dalonga por un importe de 34.900,01 euros. A Xunta aportou a esta adquisición do Concello de Portas un total de 29.856,75 euros, o 75% do orzamento inicialmente previsto.

Dalonga, ofertou unha Citroen Berlingo eléctrica que cumpre perfectamente coas especificacións técnicas recollidas no pliego de contratación pública. Ademais, este vehículo foi equipado cunha baca e tamén cun gancho de remolque traseiro co fin de darlle maior operatividade.

Ricardo Martínez salientou a importancia de ir renovando a flota de vehículos e adaptándoos ás novas esixencias. Así, esta furgoneta é o primeiro automóbil eléctrico que se incorpora ao Concello de Portas e ten emisión cero polo que tamén contribúe a cumprir cos compromisos adquiridos no Pacto de Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que prevé unha redución do 30% das emisións contaminantes.

Ademais, hai uns días, o Concello de Portas convertiuse en pioneiro no fomento do uso de enerxías alternativas ao emprego de combustibles fósiles tras instalar na Rapeira un posto de recarga semirápida para automóviles, bicicletas eléctricas e patinetes. Polo momento, este servizo terá un carácter gratuíto e autoxestionado polos usuarios co que o Concello pretende ofrecer unha alternativa medioambiental sostible.

O custe total do investimento foi de 10.836,23 euros e contou cunha achega de 9.687,59 euros provinte do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Leader) que permite contar con estas instalacións habilitadas a través de dúas prazas de aparcamento sinalizadas en verde no chan e que poderán dar servizo a dous automóbiles ao mesmo tempo cunha potencia máxima de 22 Kw/hora.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas