O concello de Nigrán abre do 6 ao 17 de novembro o prazo de inscrición para o campamento municipal de Nadal

adminON
Lectura mínima de 1

Desenvolverase do 22 de decembro ao 5 de xaneiro no CEIP Humberto Juanes de luns a venres

O Concello de Nigrán abre do 6 ao 17 de novembro o prazo de inscrición para o ‘Campamento de Nadal 2025’ que organiza a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Este está destinado a 60 crianzas empadroadas no municipio con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, e desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro de luns a venres.

O campamento desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na web en “nigran.sedelectronica.gal/taboleiro de anuncios”.

Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986383081, correo electrónico: cim@nigran.org.–

Comparte este artigo