Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar: “Para loitar por un territorio son necesarias administracións que crean...

Manuel Baltar: “Para loitar por un territorio son necesarias administracións que crean nese territorio, como está a demostrar a Deputación de Ourense”

- Anuncio -

O presidente da Deputación interveu esta mañá na reunión da Xunta Territorial de Ibermutua en Galicia, celebrada no Marcos Valcárcel

Manuel Baltar disertou sobre como as políticas públicas contribúen á transformación de Ourense, ponderando a importancia de factores como o peso político, a estabilidade institucional e o traballo en rede para “asumir os retos e aproveitar potencialidades tan diferenciais como o termalismo”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá unha reunión da Xunta Territorial de Ibermutua en Galicia, entidade colaboradora coa Seguridade Social e que conta entre as mutualistas integradas neste órgano á propia Deputación de Ourense.

Manuel Baltar protagonizou durante esta reunión co empresariado galego unha conferencia na que disertou sobre como as políticas públicas están a contribuír á transformación da provincia de Ourense.

“Para loitar por un territorio fan falta administracións que crean neste territorio, como está a demostrar a Deputación de Ourense”, recalcou Manuel Baltar, ponderando a importancia de factores como o peso político, a estabilidade institucional e o traballo en rede -a través de entidades estatais como a FEMP ou comunitarias como a European Historic Thermal Towns ou Partenalia-, para deseñar “estratexias decisivas no crecemento do territorio, demostrando capacidade para asumir con ambición os retos e para aproveitar as nosas potencialidades” co obxectivo de seguir “impulsando e construíndo” Ourense, “o territorio mellor conectado de Galicia grazas á Alta Velocidade”.

Entre outras liñas estratéxicas de desenvolvemento provincial, o presidente da Deputación reivindicou a capacidade de arrastre socioeconómico do termalismo ourensán, “o noso gran trazo diferencial, un factor competitivo que soubo detectar” o goberno provincial, “apostando dunha forma decisiva, implementando o plan termal, co programa de Termalismo Social, impulsando novas infraestruturas termais, co proxecto do Gran Hotel Balneario ‘Auria’ ou, mañá mesmo, asinando o convenio para a dixitalización da oferta dos balnearios ourensáns”.

“Hai moitos motivos para crer en Ourense”, recalcou Manuel Baltar na súa intervención antes de reivindicar o traballo realizado por unha administración con “capacidade para absorber propostas, para innovar” e con músculo para “construír novas pancas de desenvolvemento”.

A celebración da Xunta Territorial tamén contou co relatorio “Potencial das Mutuas para dar resposta ás demandas da sociedade civil en materia de saúde: A colaboración Público-Privada” do director xeral de Ibermutua, Carlos Javier Santos.

A sesión da Xunta Territorial foi presentada polo conselleiro xeral de Ibermutua, Heraclio Currais Romeo; contou co informe do director territorial de Ibermutua galega, Javier Flórez Arias e foi pechada polo presidente da Xunta Territorial de Ibermutua en Galicia, José Fariña Varela.

Representantes de todos os sectores da actividade económica galega

A reunión celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel contou coa presenza de representantes dos membros que compoñen a Xunta Territorial de Ibermutua galega. Son 30 entidades mutualistas da comunidade autónoma, representantes de todos os sectores da actividade económica galega. Ademais da Deputación de Ourense, están Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia, o Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE) e as empresas Aceites Abril, Afyt Asesores, Altia, Civis Global, Construtora San José, Desenvolve Obras e Servizos, Epifanio Campo, Xestoría da Torre, Grupo Babé, Grupo Leite Río, Grupo Malasa, Grupo Nova Pescanova, Investimentos Tindaya, Jealsa Rianxeira, Laboratorios Valenzuela, Luckia Gaming Group, Porto de Celeiro, R Cable, Ribeira Saúde, Rodman Polyships, Talleres Piñeiro, Tecnoloxías Plexus, Transportes Marítimos e Fluviais e Universal Support.

Entidade colaboradora coa Seguridade Social

Ibermutua é unha entidade colaboradora coa Seguridade Social de ámbito nacional, cuxa actividade, que depende do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, consiste na cobertura das continxencias profesionais, que inclúe a asistencia sanitaria, a rehabilitación, o abono das prestacións económicas derivadas do accidente de traballo e enfermidade profesional, e a mellora das condicións de traballo e saúde nas empresas, ademais da xestión da incapacidade temporal por continxencia común e a protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos.

Esta mutua cobre, segundo os seus propios datos, a un colectivo de máis de 1,7 millóns de traballadores e dá cobertura a preto de 165.000 empresas. En Galicia, operan co nome de Ibermutua galega.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas