Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán presenta este domingo o libro ilustrado "Nigrán no...

O concello de Nigrán presenta este domingo o libro ilustrado “Nigrán no Camiño da Costa” precedido dun obradoiro infantil

- Anuncio -

Os autores, Ramón Quintas e Noelia Muíños, realizaon ex-profeso esta publicación para o Concello con 14 debuxos ‘busca e atopa’ baseados nas 7 parroquias do municipio co fin de restaltar dun xeito lúdico o patrimonio

O obradoiro infantil está dirixido a crianzas de 8 a 14 anos empadroados no municipio que realizarán un mural colectivo en forma de mapa da localidade (imprescindible inscrición previa en www.nigran.es)

O Concello de Nigrán presenta este domingo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o libro ‘Nigrán no camiño da costa’ realizado ex-profeso para o consistorio por Ramón Quintas e Noelia Muíños, propietarios da tenda-estudio Papelier en Baiona, ambos ilustradores e deseñadores gráficos. A entrada é de balde ata completar aforo. Previamente, ás 17:00 horas, dirixirán un obradoiro para crianzas de 8 a 14 anos empadroadas en Nigrán que consistirá na elaboración dun mural colectivo en forma de mapa resaltando puntos representativos do Concello (para participar é preciso inscribirse previamente no formulario web www.nigran.es e as plazas están limitadas a 15).

A idea de publicar o Concello esta obra xurdíu despois de que Ramón Quintas e Noelia Muíños presentasen o ano pasado o seu primeiro libro ‘O Camiño Portugués de Costa’ cun capítulo adicado a Nigrán. “Tivo moita aceptación e gustaron moito as ilustracións, así que nese intre pensamos en que nos fixesen un adicado só ao noso municipio porque é certo que hai pouco información sobre o Camiño adaptada ao público infantil”, explica o alcalde, Juan González, quen aposta por esta fórmula de “divulgar o patrimonio dun xeito lúdico”. Tras meses de traballo e documentación xurde este libro tamén ‘busca e atopa’ (ao estilo de ‘Onde esta Wally?’) con 14 debuxos representativos das 7 parroquias de Nigrán e con cadanseu pequeno texto en galego, castelá e inglés e divididas segundo comprendan ao Camiño Oficial, Camiño pola Costa (variante) e Outros puntos de Interese. O fin agora é entregar exemplares a cada colexio e que tamén figure nas oficinas de Turismo. A maiores, o Concello realizou un calendario para distribuir entre a veciñanza que comprende todas as páxinas do libro.

“Ofrece unha perspectiva diferente de cada parroquia, de xeito que nun único debuxo se concentran paisaxes, tradicións ou monumentos”, explica Noelia. O outro gran atractivo é que ademais de figurar elementos representativos, hai outra menos evidente pero vinculada ao lugar, como o presidente da Comunidade de Montes de Monteferro camiñando co seu gorro e bastón polo lugar, músicos na Foz, animais na coñecida como ‘illa de Thali’…

As ilustracións foron realizadas partindo dun primeiro boceto a lapis traballado polo míudo, despois pasaron ese boceto a tinta e o colorearon con acuarela, engadindo só dixitalmente as grandes superficies como o ceo. “É un traballo o 95% a man”, explican estes dous ilustradores que se coñeceronna facultade de Belas Artes de Pontevedra e que despois emigraron xuntos a Austria onde desenvolveron durante 7 anos a súa carreira profersional, no eido da ilustración e do deseño gráfico, asi como a docencia artística (na súa tenda-estudio de Baiona continúan a impartir obradoiros monográficos).

Relacionadas

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

O PSOE de Ponteareas amosa o seu apoio a Pedro Sánchez

0
Ante o que consideran un ataque sen precedentes ao lexítimo Presidente de España e aos valores democráticos do noso Estado de Dereito, o PSOE...

Publicacións Relacionadas