Home Pontevedra O Condado O PSOE de Ponteareas amosa o seu apoio a Pedro Sánchez

O PSOE de Ponteareas amosa o seu apoio a Pedro Sánchez

- Anuncio -

Ante o que consideran un ataque sen precedentes ao lexítimo Presidente de España e aos valores democráticos do noso Estado de Dereito, o PSOE recollerá firmas na Praza da Igrexa.

Este sábado dende as 11 horas da mañá o Partido Socialista de Ponteareas e os socialistas de toda a Comarca reuniranse na Praza Bugallal de Ponteareas para amosar o apoio absoluto a Pedro Sánchez mediante unha recollida de firmas.

Non se trata simplemente, afirman os socialistas, dun ataque a unha persoa concreta senon que estamos ante unha cuestión de vital importancia para todos os que defendemos a democracia. “Somos os cidadáns os que ostentamos a soberanía nacional, da que emanan os poderes do Estado”, afirma Delfín Domínguez, Secretario Xeral do PSOE de Ponteareas.

Os socialistas resaltan que o que pretende un conglomerado de poderes políticos, económicos e mediáticos é subvertir o Estado de Dereito utilizando mezquinas artimañas para derrocar ao lexítimo Presidente do Goberno de España.

É preciso poñer fin a todas estas prácticas e frear o clima de crispación e violencia que estamos a vivir e que ameaza a convivencia en paz de todos e todas.

A política é unha arte noble cando se exerce con dignidade e respeto aos cidadáns. A política no noso país permitiu acadar dereitos básicos para as persoas e por iso cómpre defender o noso Estado democrático, xa que otorga voz a todos os cidadáns por igual, indistintamente do poder económico ou social que poidan ter.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas