Home Pontevedra Baixo Miño Tui festexou os éxitos dos e das súas deportistas na X Galega...

Tui festexou os éxitos dos e das súas deportistas na X Galega do Deporte

- Anuncio -

O Teatro Municipal de Tui encheuse onte para homenaxear aos grandes nomes do deporte tudense dos anos 2022, 2021 e 2020.

O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións. É por isto que o nivel de todos eles merece unha homenaxe no que foi o seu día.
Tui celebrou onte a súa Gala do Deporte nun Teatro Municipal ateigado para revivir todas as xestas dos seus deportistas en multitude de deportes nos que a cidade é referencia galega, nacional e mesmo internacional.
Foi unha gala especial, a novena da historia de Tui agora que se cumpren dez anos dende a primeira celebrada, e nela congregáronse os premios do 2022 pero tamén do 2021 e 2020, anos nos que a pandemia non permitiu esta celebración.
Neste ano 2022, a Gala do Deporte tudense premiou como deportista masculino en categoría absoluta a Manuel Garrido Barbosa, padeeiro e actual campión do mundo de Maratón, subcampión de Europa de Maratón e campión de España en C1. Comparte galardón con Rodrigo Conde Romero, actual subcampión do mundo e subcampión de Europa de remo olímpico. Como mellores deportistas femininas absolutas, Tui premiou á futbolista Sara ‘Tui’ González Rodríguez, ouro no Mundialito e campioa de Europa de fútbol praia e tamén a Tania Fernández García, campioa do mundo de maratón neste ano e subcampioa do mundo de maratón no 2021.
O Premio Deporte Tudense Entrenador recaeu en Óscar Cuña Rodríguez, adestrador do Club Tenis Tui con máis de dez anos de experiencia e artífice do ascenso do club á máxima categoría do tenis galego. O Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado foi para David González Mella, campión do mundo de piragüismo en paracanoe V1.
Marisa Giráldez Rodríguez, deportista e presidenta do Club Bádminton Tui, foi a galardoada coma Deportista Veterana Feminina mentres que Avelino Martínez Pérez, dobre ouro e bronce no Campionato do Mundo de Policías e Bombeiros entre outros galardóns, foi o premiado na mesma categoría no eido masculino.
No apartado de promesas, o xogador de balonmán Eduardo Alonso González, recén seleccionado coa Selección Española xuvenil, foi o premiado no apartado masculino, mentres que no feminino a distinción recaeu na padeeira Uxía Rodríguez Huertas, pola súa, participación no Europeo junior e terceira nos nacionais de K1 200.
A entidade deportiva que se levou o galardón foi o Club Kayak Tudense e tamén recibiu unha mención especial o club Biciosos Rías Baixas pola organización da que foi a novena edición BTT da Eurocidade con alto número de participantes. A firma comercial que recolleu o premio neste 2022 foi SETA, Sociedade Electricista de Tui, polo seu constante apoio ao deporte local e, se falamos do premio á promoción do deporte base, o galardón foi para Di Som Tui.
No relativo as anteriores edicións que non se puideron celebrar pola pandemia, a Gala do Deporte premiou a Gustavo Rodríguez Iglesias, triatleta e prata nos Xogos Paralímpicos de 2021, e José Leiras, primeiro xogador tudense de balonmán tudense en disputar a Liga Asobal o pasado ano. Sara ‘Tui’ González Rodríguez e Tania Fernández García, polos éxitos acadados tamén nos anos 2020 e 2021, recibiron de novo estes galardóns. O recoñecemento honorífico destes dous anos foi para Héctor Catalá Laparra, triatleta tudense que, xunto a Gustavo Rodríguez, foi prata nos Xogos Paralímpicos de 2021.
O Premio Deporte Tudense Adestrador deste período foi conxunto foi para o equipo técnico do Club Balonmán Tui. Así, recibiron esta homenaxe Jacobo Gregores Nogueira, Jaime Alfaya Solla, Manuel Fernández Pérez, Pablo Gándara González e Miguel Ángel Martínez Castiñeira O mesmo Club Balonmán Tui recibiu tamén o galardón como mellor entidade deportiva do 20/21 logo do ascenso á División de Honra do infantil masculino e feminino e do xuvenil masculino.
As promesas premiadas estes dous anos 20/21 foron Nieves Silva Martínez, campioa de España de remo en skiff cadete, e David Fernández Pérez, ciclista BTT campión nacional júnior da modalidade. Mentres, o veterano galardoado foi José Manuel Rodríguez Caramés, campión de España de duatlón máster.
Tui brindou tamén un recoñecemento honorífico a figuras claves e destacadas do deporte: Alfonso Vega Avelaira, José Luís Méndez, Luís López Pimentel, Manuel Martínez e Pedro Rodríguez, que que faleceron nos últimos anos. No momento en que os seus familiares recolleron a distinción o público brindou un emotivo e longo aplauso.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, no seu discurso, destacou o importante número de deportistas que hai na cidade que colleitan é éxitos a nivel nacional e internacional, polo que dicía “debemos sentirnos moi privilexiados” pero tamén “comprometidos co deporte” tanto a nivel social coma institucional, engadía. Referiu tamén que “somos un caso único en instalacións deportivas” repasando os pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo, centros de remo e piragüismo… que hai na cidade. Enrique Cabaleiro tivo palabras de agradecemento para a Xunta e a Deputación “polo seu compromiso co deporte tudense e coas instalacións deportivas” e tamén co Consejo Superior de Deportes que financiou unha parte importante da reforma do Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez”. Engadiu amais o agradecemento á Cámara de Valença con que se organiza unha axenda deportiva conxunta da Eurocidade que dicía “é un caso único na Europa occidental”. Remataba o rexedor tudense reafirmando “o noso compromiso co deporte de Tui” do que dicía “Foi, é, e seguirá sendo un referente do que todos nos sentimos orgullosos”.
Pola súa banda o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez, repasou as cifras destes dez anos de galas: 106 deportistas premiados, 43 recoñecementos honoríficos, e nas últimas catro galas 139 deportistas internacionais. Rafael Estévez, sinalou que “a nivel de clubs, de xeito individual, tanto en homes coma en mulleres, a progresión do deporte local ten sido espectacular nos últimos anos. Pero cómpre tamén recoñecer especialmente o labor no deporte base tudense, o deporte coma xeito de vida saudable”. Remataba a súa intervención “dando as grazas a todos e cada un dos que co seu traballo, esforzo, dedicación, fan posible a práctica e os éxitos deportivos, en especial despois de vivir épocas tan complicadas, nas que as e os nosos deportistas e clubs demostraron un altísimo nivel de responsabilidade e de compromiso”.
A Gala contou coa actuación musical da banda Old Bridge.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas