Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito...

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha proposición de lei que garanta a vida digna das persoas con ELA

- Anuncio -

María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e achegados, que asistiron como público

Os enfermos, as súas familias, as súas asociacións e entidades colaboradoras, teñen feito un exercicio exemplar de dignidade, de superación e de valoración da vida: é a hora de que os poderes públicos nos poñamos á súa altura”, conclúe a moción aprobada

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou esta mañá unha declaración institucional a proposta do goberno local reclamando ao Parlamento que tramite de xeito urxente e preferente unha proposición de lei que garanta a vida digna das persoas con ELA (esclerose lateral amiotrófica), ademais de comprometerse o Concello a prestar especial atención aos doentes e os seus dereitos. Esta petición resultou especialmente emotiva no seo da Casa Consistorial, xa que foi lida por María Jesús Seoane, ‘Susi’, traballadora do Concello ata o ano 2021 no que lle diagnostican a enfermidade e actual vicepresidenta da AGAELA (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica). Por este motivo, os seus ex-compañeiros e achegados encheron o Salón de Plenos para acompañala durante a súa exposición pública e, xunto á corporación, brindarlle unha gran ovación ao concluír a argumentación. Susi Seoane, xunto ao ex-futbolista Juan Carlos Unzué, defendeu en febreiro ante un Congreso tristemente valeiro de deputados esta mesma reivindicación.

A ELA a día de hoxe non ten cura, sendo unha enfermidade neurodexenerativa na que se produce unha parálise progresiva que termina afectando á mobilidade, deglución, respiración ou capacidade motora, mentras que a capacidade cognitiva se mantén. A esperanza de vida desde o diagnóstico é de 3 a 5 anos, por iso resulta imprescindible para os seus doentes e as súas familias que esta proposición de lei se tramite de xeito urxente e permita aspectos como axilizar as axudas da lei de dependencia e non ter que agardar 8 meses a súa concesión, así como que se lles recoñeza desde o inicio unha dependencia total sen ter que pasar por sucesivos tribunais médicos, así como protexer aos coidadores, usualmente mulleres da familia, para que poidan cotizar á Seguridade Social. En definitiva, que se lles garanta unha vida digna.

O goberno de Nigrán, mediante a aprobación desta moción, invita a todos os municipios galegos a que se unan a esta reivindicación e amosen publicamente o seu apoio ao colectivo de afectados pola ELA. “Os enfermos, as súas familias, as súas asociacións e entidades colaboradoras teñen feito un exercicio exemplar de dignidade, de superación e de valoración da vida: é a hora de que os poderes públicos nos poñamos á súa altura”, conclúe.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas