Home Pontevedra Poio A consolidación das bonificacións en varios impostos reduciron en preto do 2%...

A consolidación das bonificacións en varios impostos reduciron en preto do 2% os ingresos directos do concello en 2022

- Anuncio -

• O concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro (BNG), lembra que os descontos se aplican, entre outros recibos no IBI a familias numerosas con rendas anuais inferiores a 30.000 euros brutos, ou na ‘viñeta’ para vehículos eléctricos e híbridos

• A aprobación definitiva do Orzamento de 2023 xa é unha realidade antes de finalizar o mes de xaneiro, cunhas contas que marcan un tope de preto de 13,5 millóns de euros

O Concello de Poio deixou de ingresar durante o ano 2022 aproximadamente uns 70.000 euros con respecto ás previsións iniciais do Orzamento correspondente a ese exercicio. O edil de Economía e Facenda, o nacionalista Xulio Barreiro, explica que este descenso ten que ver coa entrada en vigor das diferentes bonificacións aplicadas en varios impostos que o Goberno municipal aprobou a principios do devandito 2022. “Este descenso no apartado de ingresos directos é asumible, tendo en conta que serven para consolidar uns impostos máis xustos, obxectivos e equitativos”, indica Barreiro Lubián. Seguirase con esta liña neste 2023, co novo Orzamento municipal xa aprobado definitivamente, logo de que non se presentasen alegacións á aprobación inicial das contas, sacada cara adiante no Pleno ordinario de decembro a pesar dos votos en contra do Partido Popular. O presuposto ascende a preto de 13,5 millóns de euros, marcando un novo teito histórico.

Con respecto ás taxas, o responsable da área económica do Concello recorda que as solicitudes para optar ao paquete de bonificacións poden tramitarse ou ben a través da propia Administración municipal presentando unha instancia xeral por Sede Electrónica ou directamente ante o ORAL. Para iso, existe un espazo na web municipal no que se informa sobre a documentación a presentar para poder optar a estas axudas. Entre as bonificacións en vigor figura a redución do 50% do recibo do Imposto de Bens Inmobles
(IBI) para familias numerosas cunha renda anual inferior aos 30.000 euros brutos. Este imposto tamén se verá reducido nun 25% no caso de vivendas construídas antes de 2007 e nas que se aposte pola instalación de sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. Consolidouse, asemade, outro desconto do 25% a favor de inmobles onde se leven a cabo explotacións agrícolas ou gandeiras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal. Outras bonificacións xa aprobadas e activas son as do 95% no caso de transmisións de vivenda habitual e do 50% para herdanzas en vida.

Estas bonificacións tamén buscan acadar uns obxectivos desde o punto de vista da sostibilidade e do respecto polo medio ambiente, dando cumprimento ás metas que se marcan na Axenda 2030. É por iso polo que tamén se impulsaron descontos no recibo da ‘viñeta’, o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), de 75% en caso de automóbiles eléctricos e do 50% para híbridos. “Son bonificacións pioneiras dentro dos concellos da contorna”, recorda Xulio Barreiro. Para facer realidade todos estes descontos foi necesario realizar un axuste do 10% no recibo de turismos, sen que afectase a camións, autobuses ou motocicletas. Tal e como resalta o concelleiro de Economía e Facenda, con esta actualización a ‘viñeta’ en Poio para os vehículos que con menos de 16 Cabalos Fiscais (o que supón practicamente o 90% dos automóbiles) segue a ser máis baixa que en varios municipios da contorna, como é o caso de Pontevedra, Marín, Barro ou Campo Lameiro, e practicamente idéntica a outros como Sanxenxo.

A aposta por estas reducións e a conxelación de impostos (tendencia que se repite desde 2013) son piares básicos da folla de ruta do Goberno local, que está a servir para consolidar a Poio como un municipio “dinámico e cos servizos necesarios para gozar dunha gran calidade de vida”, como así o demostra o crecemento da poboación que se vén experimentando de xeito regular ao longo da última década e que se consolidou definitivamente en 2022, acadando un teito histórico de preto de 17.300 habitantes.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas