Home Pontevedra O Salnés Xunta colaborará co concello de Sanxenxo na reforma integral do pavillón de...

Xunta colaborará co concello de Sanxenxo na reforma integral do pavillón de Vilalonga

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou hoxe co alcalde as actuacións previstas no recinto para ofrecer aos usuarios unhas instalacións axeitadas e nas mellores condicións


― A colaboración do Goberno galego co concello ascende a case 3M€ en obras coma esta e noutras infraestruturas municipais, en melloras ambientais e no apoio aos servizos de emerxencias

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou hoxe xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a reforma integral prevista no pavillón deportivo de Vilalonga, na que colaborará a Xunta. Con este proxecto, levaranse a cabo os traballos necesarios nesta infraestrutura municipal para que os seus usuarios, tal e como destacou Diego Calvo, poidan adestrar e competir nas mellores condicións e nunhas instalacións axeitadas.
Actualmente neste pavillón recibe as súas clases de Educación Física o alumnado do IES de Vilalonga e adestra o club Sanxenxo Balonmán. Tamén o club de fútbol sala Asociación Xuvenil Saraiba do Mar está a facer uso do recinto mentres o pavillón de Baltar no que xogan está en obras.
As actuacións previstas inclúen reparación das filtracións de auga, a impermeabilización de varias zonas, a substitución de carpinterías e a reparación e pintado de zonas interiores, a reparación das gradas e a mellora do alumeado interior e exterior. O vicepresidente segundo da Xunta explicou que estas obras enmárcanse na colaboración da Xunta coas entidades locais co obxectivo de fomentar a práctica de exercicio físico e o deporte base.

De feito, a Xunta reserva este ano 18M€ para dotar de novas infraestruturas deportivas os municipios galegos ou mellorar e reformar as xa existentes. Ademais, a semana pasada publicouse unha nova liña de axudas bianual destinada á construción, reforma e reparación de instalacións deportivas municipais por 5,8M€.

Diego Calvo incidiu na colaboración fluída co concello nos últimos anos para sacar adiante proxectos que redunden no benestar e na mellora da calidade de vida da cidadanía. Así, o investimento da Xunta no municipio achégase aos 3M€. Nesta contía, inclúese o apoio aos servizos de emerxencias do concello como a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ou o servizo municipal de emerxencias que dá cobertura a este concello, Poio, Meaño e O Grove.

Ademais, leváronse a cabo proxectos noutras infraestruturas municipais e melloras ambientais en espazos do concello a través de liñas de axudas como o Fondo de Compensación Ambiental, a Orde de infraestruturas de uso público, ou as axudas anuais para a contratación de auxiliares de Policía Local nos concellos turísticos ou para o renting de vehículos para a protección do medio ambiente.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas