Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis aposta por unha zona de coexistencia para o...

O PP de Cuntis aposta por unha zona de coexistencia para o casco antigo na que convivan persoas e vehículos

- Anuncio -

• Isabel Couselo propón “un casco histórico aberto, cheo de vida, non un pobo pantasma, con macetas de quita e pon o fin de semana, que é o que temos nos últimos catro anos”.

• Será unha das prioridades do Partido Popular e que incluirán no programa electoral.

O Partido Popular de Cuntis aposta por “un casco histórico aberto, cheo de vida, non un pobo pantasma, con macetas de quita e pon o fin de semana, que é o que temos nos últimos catro anos”.

A candidata á alcaldía, Isabel Couselo, afirma que “será unha das prioridades do Partido Popular e que incluirán no programa electoral para os vindeiros catro anos”, tal e como xa anunciou no último pleno que se celebrou no Concello de Cuntis, no que a popular se desmarcou da postura do resto dos grupos políticos, que queren o peche total do casco antigo.

Couselo aposta por “unha zona de coexistencia para o casco histórico, na que convivan persoas e vehículos. As persoas terán preferencia e os vehículos son os que teñen que adaptarse. Propoñen velocidade máxima 10 km/h e incorporar sinalización e demais medidas que garantan a seguridade das persoas”.

Para o Partido Popular “conservar e potenciar o casco antigo de Cuntis non se consegue con sacar os coches do medio, se consegue con planificación e con proxección de futuro”. Nesta liña, propoñen “dinamizar o tecido produtivo e económico de Cuntis, incentivar o consumo na zona, que abran mais locais, ao contrario do que aconteceu nos últimos catro anos, coa política do Goberno socialista”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas