Home O Salnés Meis Luis López sinala que o PP sempre ofrece xestión, estabilidade e feitos...

Luis López sinala que o PP sempre ofrece xestión, estabilidade e feitos e por iso Marta Lucio recuperará a alcaldía de Meis en maio

- Anuncio -

• Subliña que na comarca do Salnés son referencia os concellos gobernados polos populares, “fronte a outros que se centran máis na palabrería e na propaganda que en aportar solucións serias e eficaces”.


• “Temos aos mellores candidatos que están formando grandes equipos para presentar uns proxectos á altura das necesidades de cada concello”, engade.

O Partido Popular recuperou esta mañá a súa tradicional subida á Romería das Cabezas pola ruta da Pedra e da Auga, na que participaron o presidente provincial, Luis López, a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, e os candidatos do PP ás alcaldías da comarca do Salnés: Marta Lucio en Meis; David Castro, Ribadumia; Gonzalo Durán, Vilanova de Arousa; Telmo Martín, Sanxenxo; Ana Granja, Vilagarcía; Suso Sueiro, Meaño; Sabela Fole, Cambados; e Pablo Leiva, O Grove.

Luis López destacou que nas semanas previas a unha campaña electoral fundamental para os concellos e para os veciños, “é importante subliñar que as eleccións municipais deciden que persoas e que proxectos van mellorar os nosos concellos e os nosos servizos, e por iso é fundamental que a cidadanía apoie persoas que ofrecen proxectos serios e de garantía para seguir mellorando a súa calidade de vida”.

Ademais, recordou que na comarca do Salnés, son referencia os concellos gobernados polo Partido Popular. “É un feito que está á vista de todos. O PP sempre ofrece xestión, estabilidade e feitos, fronte a outros que se centran máis na palabrería e na propaganda que en aportar solucións serias e eficaces”. E por iso amosouse convencido de que a partir de maio “Meis volverá a confiar de xeito maioritario no PP para que un goberno liderado por Marta Lucio avance”.

Uns resultados que tamén se trasladarán ao moitos outros concellos da provincia e da comarca, “o PP terá moitas alegrías en moitos concellos desta provincia, tamén desta comarca, e poderemos traballar para devolver esa confianza dos veciños en compromisos, proxectos e cohesión para todos, independentemente da súa ideoloxía política”.

Con respecto ao PP do Salnés, recordou que concorren ás eleccións municipais cunha importante renovación, xa que só repiten Gonzalo Durán e Telmo Martín en Vilanova de Arousa e Sanxenxo, respectivamente. “Temos aos mellores candidatos que están formando grandes equipos para presentar uns proxectos á altura das necesidades de cada concello”.

Por último, Luis López enxalzou a tradición da peregrinación á Armenteira para toda comarca e incluso para o resto da provincia, a través da Ruta da Pedra e da Auga, “un valor seguro que ninguén xa cuestiona e que foi impulsado e recuperado por gobernos do Partido Popular”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas