Home A Paradanta A Cañiza O Xulgado Investiga a Luis Piña por un presunto delito de prevaricación...

O Xulgado Investiga a Luis Piña por un presunto delito de prevaricación que pode acarrear inhabilitacións de ata 15 anos

- Anuncio -

• Admite a trámite as dilixencias de investigación propostas por parte do voceiro da oposición, Miguel Domínguez, ao entender que hai indicios dun presunto delito de prevaricación administrativa.


• Ademais investígase tamén a presunta desaparición de dous expedientes dos arquivos municipais.


• “O alcalde tería especial interese en ocultar documentación municipal polas consecuencias que a revisión dalgún deles pode ter. Non hai outra explicación para que Luís Piña prefira incumprir a lei, ignorar unha sentenza xudicial e agora enfrontarse a unha posible inhabilitación. Que é o que está ocultando? Que é o que ten que esconder aos veciños da Cañiza?”, sinala a secretaria xeral do PP local, Marta Rodríguez.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº3 de Ponteareas abre dilixencias previas e cita a declarar ao voceiro do PP da Cañiza, Miguel Domínguez, ao entender que o alcalde, Luis Piña, puido cometer un presunto delito de prevaricación administrativa por bloquear de xeito permanente o acceso á documentación municipal, que desde que o socialista é alcalde, estaría sufrindo o grupo municipal do PP. Uns feitos que, segundo o auto ditado pola xuíza instrutora, fan presumir a existencia dun posible delito, recollido no Código Penal, e que pode provocar inhabilitacións de ata 15 anos.

A Secretaria Xeral do PP da Cañiza, Marta Rodríguez, subliña que “o alcalde tería especial interese en ocultar documentación municipal polas consecuencias que a revisión dalgún deles pode ter. Non hai outra explicación para que Luís Piña prefira incumprir a lei, ignorar unha sentenza xudicial e agora enfrontarse a unha posible inhabilitación. Que é o que está ocultando? Que é o que ten que esconder aos veciños da Cañiza?”.

Piña está incumprindo así de xeito continuado o “Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais”, que sinala que “todos os membros das corporacións locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos par ao desenvolvemento da súa función”.

Por este mesmo asunto, o Xulgado do Contencioso – Administrativo nº 3 de Pontevedra, xa tería condenado ao alcalde socialista, no ano 2020, cunha sentenza firme que o obrigaba a facilitarlle toda a documentación ao grupo popular.

Segundo recolle a acusación, a pesares desta sentenza condenatoria, ségueselle negando o acceso, “ao existir resolucións expresas de alcaldía que así o acordan e que se ditan unicamente coa finalidade de bloquear a labor de control político”.

Ante esta situación, o pasado 29 de Novembro de 2022, Domínguez, teríase visto na obriga de comparecer no Concello acompañado dun notario, que levantase acta desta situación. Algúns dos documentos aos que se nega o acceso por parte da oposición e que están recollidos na acta notarial, que se presenta como proba para iniciar este proceso, serían facturas, informes de contratación, de asistencias técnicas, o proxecto de mobilidade da rúa Antonio Facorro, da Fonte dos Dous Canos, reparos da intervención municipal, certificados de Secretaría, documentación relacionada coa legalización do Antigo Mercado do Gando, o expediente do Plan de Pago a Provedores ou o Expediente do Derrube do Edificio en Ruínas da rúa Progreso. Ademais investígase tamén a presunta desaparición de dous expedientes dos arquivos municipais.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Charla informativa en Mougás sobre a importancia da alimentación na fibromialxia

0
O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia. A conferencia será impartida...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Publicacións Relacionadas