Home Pontevedra Deza Taboada acorda co seu amigo José Antonio López a cesión do Observatorio...

Taboada acorda co seu amigo José Antonio López a cesión do Observatorio Astronómico do Coto de Zarragrande

- Anuncio -

A vez que se homenaxeaba no Centro Andaluz a José María López Pérez “El niño de la estrella” o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, lograba un gran éxito na súa xestión municipal ao conseguir a cesión do Observatorio Astronómico do Coto de Zarragrande, unha xoia da coroa da vila que estivera sen uso desde o finamento do seu propietario, José María López Pérez, en 2014. A estreita amizade entre o alcalde e López Pérez e a súa familia permitiu que este acordo de cesión se fixera realidade entre Luis Taboada e José Antonio López, fillo de Pepe.

Taboada, un gran entusiasta das marabillas de Vila de Cruces, propúxose devolver o esplendor ao observatorio e convertelo nun lugar de referencia no campo da astronomía en Galicia. O Observatorio conta con dúas estancias, unha sala de reunións e outra dotada de cúpula para os equipos de observación, que albergan uns prismáticos astronómicos de 11×80 e un telescopio de 25 centímetros de diámetro, o máis potente de Galicia no seu momento.

O Observatorio Astronómico do Coto de Zarragrande inaugurouse en setembro de 1993 grazas ao empeño e dedicación de López Pérez, quen tamén publicaba dúas revistas de astronomía afeccionada e organizaba un curso anual de astronomía en colaboración con profesores da Universidade de Vigo e astrónomos amateur. Ademais, López Pérez habilitara o observatorio como un pequeno museo do espazo polo que pasaron miles de persoas ás que el mesmo introducía nos segredos das estrelas.

Tras o finamento de López Pérez o observatorio permaneceu inactivo por iso o alcalde; Luis Taboada decidiu comezar coas negociacións necesarias xunto con Jose Antonio López ( fillo do finado e tamén namorado da astronomía) para proceder á cesión do Observatorio Astronómico de Coto de Zarragrande co fin de volvelo converter nun espazo para o desfrute dos veciños e veciñas da vila e de todos os visitantes, contribuíndo así ao desenvolvemento cultural e científico da rexión. Taboada manifestou a súa intención de recuperar a agrupación astronómica do observatorio, os cursos e as revistas de astronomía, e de restaurar e modernizar as instalacións para facer deste lugar un verdadeiro faro para a observación das estrelas e a divulgación da ciencia.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas