Home Pontevedra Deza A concelleira Belén Calvo concorrerá de número 6 na candidatura do PP...

A concelleira Belén Calvo concorrerá de número 6 na candidatura do PP que lidera Cati Somoza

- Anuncio -

• Esta veciña da parroquia de Pedroso pertence á corporación dende o ano 2011, encárgase das áreas de Cultura, Infancia, Igualdade, Medio Ambiente e Voluntariado e será a cuarta ocasión consecutiva na que ocupe postos de saída na lista do Partido Popular dende a súa incorporación con Luis López.


• A edil agradeceu a confianza que lle trasladou Cati Somoza “para participar no proxecto tan ilusionante para os vindeiros catro anos”, mentres que a candidata valorou especialmente a participación dunha muller que destaca “pola súa disposición, traballo, dinamismo, empatía, cercanía e bo trato cos veciños”.

A concelleira de Rodeiro Ana Belén Calvo Mariño vai concorrer de número 6 na candidatura do PP de Rodeiro para as eleccións municipais do 28 de maio, segundo anunciou esta mañá a candidata, Cati Somoza, nun encontro coa edil.

Deste xeito, o PP de Rodeiro completa os chamados postos de saída –correspondentes cos concelleiros que ten na actualidade na corporación e que marcan a maioría absoluta– con bastante renovación tras os anteriores anuncios de Suso López Diéguez (número 2), Elena Gamallou Moure (3), o alcalde Rubén Quintá Quintá (4) e Pablo Cuñarro Fernández (5).

Ana Belén Calvo, de 43 anos de idade, é veciña de Laxas, na parroquia de Pedroso, e pertence á corporación municipal, sempre como concelleira do goberno local, dende o ano 2011 e os comicios deste ano suporán a cuarta ocasión consecutiva na que ocupe postos de saída na lista do Partido Popular dende a súa incorporación á política local da man do ex alcalde e presidente provincial do PP, Luis López. Na actualidade é a concelleira encargada das áreas de Cultura, Infancia, Igualdade, Medio Ambiente e Voluntariado.

A edil quixo agradecer a renovada confianza que lle trasladou Cati Somoza para formar parte da candidatura popular e “para participar no proxecto tan ilusionante que estamos a construír para os vindeiros catro anos”. “Para min traballar por Rodeiro e polos nosos veciños é un pracer, un orgullo unha honra, polo que estou moi satisfeita de que nesta nova etapa se conte comigo así que tentarei facer o mesmo que ata agora, que é traballar moito e seguir contribuíndo, co meu gran de area e total humildade, a que este concello avance e cada día fagamos máis”, sinalou a concelleira e xa membro da candidatura.

Pola súa banda, Cati Somoza agradeceu a Belén Calvo que aceptase integrarse no novo proxecto e valorou especialmente “a súa disposición, traballo, dinamismo, empatía, cercanía e bo trato cos veciños que, como dixen dende que comezamos a artellar esta candidatura, son cuestións que considero prioritarias para a próxima lexislatura”.

“Creo que fixemos unha mistura moi atinada de renovación e continuidade para dar un novo impulso a Rodeiro e é algo que continuará no resto da lista, aínda que creo que cómpre destacar que, entre os seis primeiros postos, renovamos o 66% da candidatura”, detallou a candidata.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas