Home Pontevedra Caldas O Concello de Pontecesures recibe todas as autorizacións para sacar a licitación...

O Concello de Pontecesures recibe todas as autorizacións para sacar a licitación a mellora da mobilidade en San Xulián por 155.000 euros

- Anuncio -

A actuación inclúe a renovación da rede de abastecemento, a execución dun novo tramo da rede separativa de residuais e pluviais, así como o ancheamento e repavimentación dos accesos

O Concello de Pontecesures vén de recibir todas as autorizacións precisas para sacar a licitación o proxecto de mellora da mobilidade na contorna de San Xulián, próximo ao núcleo urbano cesureño. Unha actuación que sairá a licitación por 155.638,04 euros unha vez conseguidas tanto o financiamento das obras como todas as autorizacións requiridas, tanto pola proximidade da Igrexa de San Xulián de Requeixo como pola recente cesión de terreos ao Concello por parte de veciños e veciñas da zona.

A actuación centrarase nos viarios das rúas do Outeiro e do Coengo, que atravesan o núcleo de San Xulián e que na actualidade teñen deteriorada a súa capa de rodaxe polo paso do tempo. Ademais, na zona hai zonas de sobreancho e retranqueos de muros aínda sen pavimentar, polo que que o ancho da calzada, que oscila entre os 3 e os 5,8 metros, impide garantir o paso dos vehículos e o propio tránsito peonil nunhas condicións óptimas de seguridade e comodidade.

O Concello de Pontecesures vai actuar especialmente nestas zonas: demolendo e reconstruíndo os muros segundo a liña de retranqueo definida e urbanizando os espazos cedidos ao Concello pola veciñanza tras moitos meses de negociacións. Deste xeito conseguirase aumentar o espazo público ao servizo da veciñanza de San Xulián. Os cerramentos reconstruiranse co mesmo material do muro existente, é dicir, de mampostería de pedra granítica.

A maiores, o Concello de Pontecesures aproveitará estes traballos para proceder á renovación das conducións de saneamento e abastecemento soterradas. Contémplase a execución dunha nova rede separativa de saneamento e de pluviais, así como a renovación da rede de abastecemento existente, onde se levarán a cabo tamén as acometidas precisas para a conexión á rede xeral.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas