Home Allariz-Maceda Allariz O PP de Allariz denuncia que o grupo de goberno do BNG...

O PP de Allariz denuncia que o grupo de goberno do BNG está a tramitar un novo PEPRI do Casco Histórico sen coñecemento dos veciños nin dos grupos da oposición

- Anuncio -

· Os populares explican que o borrador do PEPRI contén “determinacións fundamentais” para o futuro desenvolvemento do Casco Histórico de Allariz que afectan “á totalidade das propiedades situadas no ámbito do plan especial”

· O grupo municipal do PP de Allariz puido comprobar que “en moitas parcelas prívase aos seus propietarios de edificacións que estaban permitidas no PEPRI de 1995 todavía vixente”. Ademais hai outras edificacións, detallan, “nas que se diminúe o número de plantas permitidas ou o fondo máximo permitido”

O pasado 17 de abril iniciouse o período de consulta do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Allariz na fase de tramitación ambiental, en base ao borrador do plan e ao documento ambiental estratéxico elaborados polo Concello, “sen que o grupo de goberno do BNG dese coñecemento do mesmo nin aos veciños nin aos grupos da oposición”, segundo denuncia o grupo municipal do PP de Allariz.

A voceira popular e candidata o vindeiro 28 de maio, Luz Doporto, explica que o borrador do PEPRI contén determinacións fundamentais para o futuro desenvolvemento do Casco Histórico de Allariz que afectan “á totalidade das propiedades situadas no ámbito do plan especial”. Entre estas determinacións, remarca, “cabe destacar parcelas que se clasifican como zonas verdes, que deben ser expropiadas, ou edificacións que se clasifican como equipamientos, que tamén deben ser expropiadas”.

O PEPRI do Casco Histórico tamén establece o que se pode edificar en cada parcela. O grupo municipal do PP de Allariz puido comprobar que “en moitas parcelas prívase aos seus propietarios de edificacións que estaban permitidas no PEPRI de 1995 todavía vixente. Hai ademáis edificacións nas que se diminúe o número de plantas permitidas ou o fondo máximo permitido”.

Os cambios introducidos no novo PEPRI do Casco Histórico respecto do PEPRI de 1995 explican, segundo sinala Luz Doporto,“o escurantismo e falta de transparencia coa que o grupo de goberno do BNG está tramitando o Plan especial do Casco Histórico de Allariz”.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas