Home Ourense A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a Carreira do Vinteún desta fin de semana

- Anuncio -

A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía, no recinto feiral Expourense, e o partido que enfrontará a Club Ourense Baloncesto – Longevida San Pablo Burgos no Pazo Paco Paz.

Por unha banda, a rúa do Espeto, que vai desde a rúa da Farixa até a estrada nacional 525, terá só un sentido de circulación, cara á dita estrada. O acceso ao recinto feiral desde a estrada nacional será a través da rúa da Azucena.

Por outra banda, a rúa da Ermida terá un só sentido de circulación, desde a rúa da Farixa, nas proximidades de Expourense, cara á rúa Xoán Manuel Pinto / Centro interxeracional.

O Concello lembra que activará un servizo especial de autobuses á Finca Sevilla para facilitar o desprazamento do público que desexe asistir a estes eventos. Os vehículos sairán desde o Parque de San Lázaro cara a Expourense, pasando polo Posío, en viaxe de ida e volta, desde as 18.30 horas do sábado até as 4.00 da madrugada do domingo, cunha frecuencia cada media hora.

Tamén haberá restricións de tráfico pasado mañá, domingo, 28 de abril, con motivo da celebración da carreira popular do barrio do Vinteún, que dá inicio á edición 2024 do circuíto Correndo por Ourense, que organiza o Consello Municipal de Deportes.

Así, desde as 10:30 horas até que remate a proba, en torno ás 12.30 horas, pecharanse ao tráfico as rúas Madre Soledad, Avenida de Santiago (desde Río Camba até a Rúa do Vinteún), Rúa do Vinteún (desde a Avenida de Santiago até Río Corzos), Río Corzos, Ríos Xares (desde a avenida de Santiago até río Mao), Río Mao, Río Bellao, Río Cobas e Río Camba.

O dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local establece 4 rutas alternativas:

Avenida de Santiago, en sentido ascendente por Río Arnoia, Río Támega, Río Avia, Río Sil, Río Bubal, Río Limia e Avenida de Santiago.
Avenida de Santiago, en sentido descendente por Río Limia, Alejandro Pedrosa, Río Arnoia e Avenida de Santiago
Río Camba: desvío por estrada de Oira
Rúa do Vinteún: desvío pola estrada de Barra de Miño e pola Nacional 525 a través do polígono industrial dos Coiñás.

Relacionadas

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

Publicacións Relacionadas