Home O Condado Mondariz Luisa Piñeiro sinala que Pablo Barcia e o seu equipo ofrecen un...

Luisa Piñeiro sinala que Pablo Barcia e o seu equipo ofrecen un proxecto de maioría, serio e de futuro para Mondariz

- Anuncio -

● Pablo Barcia presume dun equipo “moi variado, no que contamos con persoas que teñen moita ilusión e o compromiso firme para traballar polo noso concello, para ofrecer todo o que necesita, e facer realidade grandes proxectos”.

A secretaria do Partido Popular de Pontevedra, Luisa Piñeiro, destacou que o PP aposta en Mondariz “por unha candidatura renovada, un equipo de mulleres e homes que chega con gañas, con ilusión… que deron un paso adiante para traballar con compromiso polo seu pobo, sen máis interese que o de ser útil e defender os intereses da veciñanza”.

Foi durante a presentación da candidatura do PP á alcaldía de Mondariz, esta tarde na nova sede local do partido. Luisa Piñeiro subliñou que o PP é o único partido que en maio pode garantir o cambio neste concello. “É a alternativa seria e fiable. A que ofrece un proxecto claro e de futuro”.

Durante a súa intervención, recordou que nas últimas eleccións que se celebraron, as autonómicas de 2020, “foron maioría os veciños deste concello que confiaron no noso partido para xestionar nos peores momentos, en plena pandemia sanitaria e crise económica. Aquí hai moita xente que confía no Partido Popular, e temos que recordarlle que pode seguir facéndoo tamén a nivel local, porque estas eleccións son fundamentais para o futuro dos concellos, son os alcaldes e as alcaldesas quen primeiro responden ás necesidades dos seus veciños e por iso é fundamental contar con persoas serias e comprometidas”.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Pablo Barcia, presumiu dun equipo “moi variado, no que contamos con persoas que teñen moita ilusión e o compromiso firme para traballar polo noso concello, para ofrecer todo o que necesita, e facer realidade grandes proxectos”. Como exemplos, subliñou que no seu programa inclúen o comedor escolar, a escola infantil, a residencia de maiores, renovación da Praia do Val, bacheado das estradas ou limpeza das parroquias, entre outras propostas.

“Cremos no noso proxecto e imos traballar para levar a este pobo ata onde se merece. Pensamos en grande, temos ambición para conseguir para Mondariz os mellores proxectos, poñer en valor todo o potencial que ten en materia turística, aproveitando que Galicia está de moda. É unha oportunidade única de futuro”.

CANDIDATURA DO PP DE MONDARIZ

  1. PABLO BARCIA BELLO
  2. FRANCISCO RICO CARVALHO
  3. MARÍA TÁBOAS CARRERA
  4. JOSÉ VILAS ALFAYA
  5. ALBA SUÁREZ FORTES
  6. JUAN MANUEL SAMPEDRO CARRACEDO
  7. JOSÉ LUIS BÓVEDA PÉREZ
  8. JAVIER BUGALLO RIVAS
  9. MARÍA DEL CARMEN FRAGUEIRO IGLESIAS
  10. ANA MARÍA BARRAL TÁBOAS
  11. VANESA MARTÍNEZ CARBALLO

SUPLENTES:

  1. CONSTANTE VILAS CORBACHO
  2. JUAN MANUEL GAYOSO RIVEIRO
  3. SERGIO CODESEDA MÍGUEZ
  4. VERÓNICA DOMÍNGUEZ CAAMAÑO
  5. ELVIRA PREGAL VILAS
  6. JOSÉ MANUEL GIL OTERO
  7. MARINO CARRERA BUGALLO
  8. MARÍA LINA VILAS ALFAYA
  9. JACOBO HIDALGO GONZÁLEZ
  10. TERESA GONZÁLEZ LÓPEZ

ENTIDADE LOCAR MENOR VILLASOBROSO

  1. FRANCISCO RICO CARVALHO
    SUPLENTE:
  2. JOSÉ VALENTÍN CODESEDA MOURIÑO

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Charla informativa en Mougás sobre a importancia da alimentación na fibromialxia

0
O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia. A conferencia será impartida...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Publicacións Relacionadas