Home Pontevedra Deza A Xunta anuncia a toma de posesión de predios de substitución na...

A Xunta anuncia a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro

- Anuncio -

― Deste xeito, a Consellería do Medio Rural pon en coñecemento dos veciños beneficiados pola concentración que poden comezar a usar as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización da propiedade


― A data para a toma de posesión dos novos predios é o 7 de setembro de 2023 para prados, pasteiros, labradíos sen colleita e monte


― A parcelaria de Val de Camba comprende unha superficie de 1.855 hectáreas divididas en 1.869 parcelas finais, propiedade de 723 veciños

A Consellería do Medio Rural anuncia a toma de posesión provisional dos predios da concentración parcelaria de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro.

A data para a toma de posesión é o 7 de setembro de 2023 para prados, pasteiros, labradíos sen colleita e monte. Para os terreos con colleitas pendentes, no momento no que se recollan segundo o costume da zona. Para a retirada do arborado danse seis meses de prazo, é dicir, ata o 7 de marzo de 2024, debendo contar coa autorización correspondente para a corta.

Con este anuncio, ponse en coñecemento dos veciños beneficiados por esta concentración parcelaria que poden comezar a usar as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización. Así mesmo, todos os propietarios da zona serán notificados de forma individual.

Esta parcelaria de Val de Camba abrangue unha superficie de 1.855 hectáreas de 723 propietarios. A reorganización territorial permitiu pasar de 7.529 a 1.869 parcelas. Desta forma, este proceso cuadriplicou o tamaño das parcelas resultantes con respecto ás iniciais.

A partir da toma de posesión, os adxudicatarios poden reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural en Pontevedra, no prazo de dous meses, no caso de que existan diferenzas superiores ás marxes de tolerancia admitidas entre a cabida real das novas parcelas e a que conste no expediente de concentración.

Relacionadas

Galicia terá este ano 114 praias con bandeira azul, a terceira comunidade autónoma con...

0
— Suma un areal máis respecto ao balance do exercicio anterior e aínda que non hai ningunha incorporación nova, catro das praias distinguidas recuperan...

José González apela ao diálogo e ao entendemento para afianzar a baixa do paro...

0
Indicou que unhas das prioridades do Goberno galego é impulsar o emprego, axilizando todos os apoios para que cheguen á cidadanía de xeito fácil,...

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Publicacións Relacionadas