Home Pontevedra Caldas A Xunta comprométese no parlamento a impulsar a declaración como BIC do...

A Xunta comprométese no parlamento a impulsar a declaración como BIC do patrimonio termal de Cuntis

- Anuncio -

O deputado nacionalista Luís Bará censura o desleixo do goberno galego e do concello de Cuntis na tramitación desta iniciativa, paralizada desde 2014

Luis Bará: “Estase perdendo unha grande oportunidade para protexer e poñer en valor as termas romanas de Cuntis”

O BNG trasladou hoxe á comisión de infraestruturas e medio ambiente unha batería de preguntas relacionadas coa declaración do patrimonio termal de Cuntis como Ben de Interese Cultural. Luís Bará lembrou que o pasado mes de marzo o parlamento aprobou por unanimidade instar á Xunta a incoación do expediente BIC e preguntou á Directora Xeral cales eran as previsións da Xunta ao respecto, así como polas razóns de que esta iniciativa estea paralizada desde 2014.

O deputado nacionalista censurou o desleixo da Xunta e concello en relación con esta iniciativa, que foi aprobada polo pleno do concello en abril de 2014. Segundo a directora xeral o concello achegou en 2015 a documentación en formato dixital mais como non era lexibel solicitoulle ao concello o envío da documentación en papel, sen que o concello chegara a enviala.

Posteriormente procedeuse a incluir no catálogo de bens patrimoniais o casco histórico de Cuntis e as termas de orixe romana.

No ano 2022 a Plataforma en Defensa do Patrimonio Termal de Cuntis enviou á Xunta un amplo dossier informativo sobre o patrimonio termal, que a directora xeral se comprometeu a estudar e tramitar. Afirmou que sería necesario que o concello aclarase que modalidade de ben de interese cultural considera máis acaída, polas diferentes implicacións de cada unha delas.

Denuncia de actuacións irregulares na burga da rúa Real

O BNG fíxose eco das actuacións irregulares levadas a cabo en 2022 na burga da rúa Real, catalogada por patrimonio cultural. Segundo as denuncias formuladas pola Plataforma en defensa do patrimonio termal, na primavera de 2022 leváronse a cabo obras sen informes e autorizacións da consellaría de Cultura. A directora xeral comprometeuse a informar sobre as actuacións realizadas e a intervención nelas do seu departamento.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas