Home Lugo A Mariña Occidental Un goberno do BNG con Míriam Bermúdez apostará pola reapertura das Minas...

Un goberno do BNG con Míriam Bermúdez apostará pola reapertura das Minas da Silvarosa

- Anuncio -

A alcaldable Míriam Bermúdez e varios membros da candidatura do BNG, mantiveron unha reunión coa nova directiva da Mancomunidade de Montes de Vieiro quen expuxeron os proxectos para mellorar os servizos da parroquia e poñer en valor os seus atractivos. Míriam Bermúdez observou na nova directiva da Mancomunidade de Vieiro “moita ilusión e traballo con proxectos totalmente alcanzables e realizables, sendo a reapertura das Minas da Silvarosa o proxecto estrela.”

Unhas minas que contan cun enorme atractivo, infravaloradas e que están a pasar totalmente desapercibidas para a administración local, o Concello de Viveiro, pero que desde o BNG estamos seguras que aumentaría o valor patrimonial do concello sumando novas actividades culturais, escolares e incluso deportivas, fomentando un turismo desestacionalizado e a posta en valor de Vieiro.

A Mancomunidade non deixou de exixir bens para a parroquia de Vieiro como os desbroces das marxes nas suas estradas que, como xa tivo que denunciar o BNG hai un ano, asusta transitar por elas do perigo que supoñen. Míriam Bermúdez recordou o estudado Plan de Mantementos de Estradas Municipais que se planificou desde o BNG, para chegar ao goberno cos deberes feitos, e evitar este gran problema que están padecendo todas as parroquias do concello.

Por último, Míriam Bermúdez afirma que o asociacionismo é o que verdadeiramente nutre ao pobo e un Concello non debe só aportar axuda económica e olvidarse, senón tamén axuda xurídica e administrativa, así como o asesoramento e comunicación con outros órganos e administracións para acadar os proxectos que Viveiro merece.

Relacionadas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

Publicacións Relacionadas