Home A Coruña O BNG compromete actividades e facilitará a conciliación se chega ao goberno...

O BNG compromete actividades e facilitará a conciliación se chega ao goberno ribeirense

- Anuncio -

O BNG ribeirense comprométese a desenvolver políticas de conciliación para que as familias teñan programadas actividades municipais para nenos e nenas durante todo o ano, como unha medida efectiva de fomento da igualdade e da natalidade.

Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla acompañados doutros membros da candidatura anunciaron algunhas das medidas do programa de conciliación que o BNG porá en marcha cando chegue á Alcaldía, cunha clara aposta pola igualdade e polo coidado das persoas, para favorecer a compatibilidade de horarios laborais e familiares e facilitar a natalidade.

Entre os compromisos destacan a dotación de novos parques cubertos para xogar ao aire libre en verán e inverno, puntos de atención á infancia para deixar a rapazada mentres se fan recados e un trazado viario de camiños escolares para que o alumnado poida chegar andando aos colexios, coa implicación da veciñanza e co calmado do tráfico para favorecer a seguranza e os hábitos saudábeis na infancia.

“Estas iniciativas compleméntanse coa posta en marcha dun programa para mellorar o servizo dos comedores escolares e coa firme convicción de traballar a carón das ANPAS e das familias para desenvolver todo tipo de actividades”, explicou Pérez Barral.

Cando o BNG chegue á Alcaldía traballará para a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública; non só para contratar mulleres e reducir a fenda de xénero, tamén para fomentar que as empresas destaquen por desenvolver políticas a favor da igualdade e da conciliación, indicou. Neste sentido, os nacionalistas apostan, no curto prazo por reforzar o Servizo de Axuda no Fogar e, a longo prazo, municipalizar este servizo.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas