Home Pontevedra O Salnés Xabier Rodríguez: “Ata que se faga a obra municipal no Peirao do...

Xabier Rodríguez: “Ata que se faga a obra municipal no Peirao do Ramal debería utilizarse como aparcadoiro provisorio”

- Anuncio -

Vilagarcía merece substituír a gasolineira de San Roque por unha praza pública mediante acordo coa propiedade, coa intervención do Ministerio

O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, en materiade urbanismo, territorio e medio considera que “o Plan Xeral de Ordenación Municipal que está en proceso de revisión dende fai quince anos, non pode pasar deste novo mandato en avanzar de vez nos trámites de aprobación inicial para exposición pública e darlle a palabra á cidadanía nunha materia que aínda deberá acadar a posterior e final sanción da Xunta”.

Para fixar a posición do BNG ao respecto, consideramos que a capacidade de deseñar, planificar e programar o desenvolvemento urbano por parte da colectividade veciñal do concello xa non existe. O urbanismo desapareceu como parte do poder municipal debido a que entre as competencias da Xunta e as sectoriais (aeronáutica, estradas, ferrocarrís, costas, augas, portos, patrimonio, medio rural, e outras. Así, ata 17), a capacidade de decisión que lle pode quedar ao concello para ordenar o seu territorio fica reducida á mínima.

Máis alá destas limitacións cada vez máis intensas, o concello mantén a capacidade de propoñer, suxerir, premer, alegar perante as demais administracións para lograr un territorio mellor ordenado, e o BNG utilizará estas facultades, aínda que cativas, para lograr esa mellora. O urbanismo debe desenvolverse mediante unha planificación multisectorial, onde a mobilidade, a definición de estratexias de infraestrutura verde ou os procesos de naturalización urbana camiñan da man na procura dunha Vilagarcía saudábel e sustentábel.

En consecuencia, o concello deberá comprometerse co desenvolvemento de estratexias de infraestrutura verde e naturalización urbana, dándolle prioridade á consolidación dos ámbitos preexistentes por diante de novos desenvolvemento de solo urbanizábel, fomentando a pluralidade de usos e a desconcentración de servizos, co obxecto de promover a cobertura universal das necesidades cotiás das persoas.

Vilagarcía merecer facer bo urbanismo, unha ocupación sustentábel do territorio, con actuacións que melloren a calidade de vida e de prestacións públicas, sen condicionantes predeterminados, ou sexa, escollendo para cada necesidade as solucións administrativas e técnicas que se amosen máis axeitadas, implementando procesos internos que permitan axilizar a concesión de licenzas e a solución de expedientes urbanísticos.

Así, entre as xestións que debería desenvolver proactivamente a Xerencia de Uranismo para acadar solo que permita abordar a construción por conta municipal ou cedendo espazo a outras administración estaría avanzar nos acordos urbanísticos que permiten resolver de xeito amigábel esta cesión malia non contar aínda coa totalidade da tramitación urbanísticas para o seu desenrolo (Finca de Ouro, Pazo-Finca de Sobrán, Terreos sen ocupación de Lantero, Espazo de ADIF-Renfe ocupado no pasado polos antigos Talleres…).

Aparte diso, sen afectar aos dereitos que amparan á propiedade do negocio, a intervención da que se anuncia como “humanización” da estrada N-640, entre a rotonda de Godos e a praza da Constitución, malia ser responsabilidade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana (necesario paso previo ao traspaso da titularidade ao Concello) é inmellorábel ocasión para situar na xestión municipal un reto que semella tabú: Procurar unha solución consensuada coa propietaria para liberar o espazo que permita substituír a gasolineira de San Roque por unha praza pública. A vantaxe de mudar ese local permitiría humanizar o entorno como lugar de encontro e de lecer para a cidadanía. Ademais, contribuiría a crear un ambiente máis acolledor e agradable a favor da veciñanza.

Á súa vez, unha praza ofrece oportunidades de lecer e de descanso para as persoas que viven ou traballan na zona. A iso, sumaríase a capacidade de ordenar o tráfico: unha gasolineira nun cruce de cinco rúas xera problemas de circulación e de seguridade viaria.

Unha praza permite reordenar o tráfico e facilitar os desprazamentos tanto en vehículos como en transporte público ou en bicicleta. Unha praza tamén reduce os niveis de contaminación acústica e atmosférica, que afectan á saúde das persoas e á natureza.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas